A campaña "Cantar e contar: ler na nosa lingua", que impulsan a Secretaría Xeral de Política Lingüística e KALANDRAKA, enfila a súa recta final en Carballo. O Pazo da Cultura acolle estes días os últimos grupos de escolares que -ben nas sesións de contos e música, ben nos obradoiros de escrita- quedan engaiolados pola maxia da Literatura e da Arte, unidas en forma do álbum ilustrado. Velaquí outra mostra do talento creativo dos alumnos e alumnas do CEIP Bergantiños, a partir das ilustracións que Juan Vidaurre realizou para o libro "Imaxina animais".
------------------------------------
La campaña "Cantar e contar: ler na nosa lingua", que impulsan la Secretaría Xeral de Política Lingüística y KALANDRAKA, enfila su recta final en Carballo. El Pazo de Cultura acoge estos días los últimos grupos de escolares que -bien en las sesiones de cuentos y música, bien en los talleres de escrita- quedan atrapados por la magia de la Literatura y el Arte, unidas en forma de álbum ilustrado. He aquí otra muestra del talento creativo de los alumnos y alumnas del CEIP Bergantiños, a partir de las ilustraciones que Juan Vidaurre realizó para el libro "Imagina animales".

SOBRE O METROCOL, ANA CAMBÓN, DE 5º, ESCRIBIU:

«Había unha vez un caracol diferente aos demais: era un caracolmetro. O pobre era o único da súa especie e, para máis conto, chamábase Pedrouzo da Pica Pelada Martínez Lambón.
A Pedrouzo gustáballe a caracola Manoliña das Flores. Pedrouzo pasaba o día mirando a Manoliña ata que un día súa nai díxolle:
- Ven aquí Pedrouzo! Que para ser omnívoro, só te alimentas cando ves a Manoliña!
Despois de acabar a cea: moscas recheas de salchichas de herbas, un gourmet moi delicioso entre os invertebrados; subiu á súa habitación, na folla da árbore, e púxose a mirar, coma de costume, a Manoliña.
Ao día seguinte foi traballar, el é o escritor das Páxinas Brancas. Ao chegar de traballar tomou un té cor verme morto e marchou ao seu estudo. Ese día non viu a Manoliña.
Ese mesmo día non pillou o sono e ao espertar, viu a Manoliña mirando para el. Ese día descubriu que a Manoliña lle gustaba. E os dous bechos xa son marido e muller e comeron moscas e bailaron a xota».


SOBRE O PLATAFIÑO, SERGIO BRANDÓN, DE 5ºB, ESCRIBIU:

"O conto de Platanomar"
«Era unha vez un científico tolo que facía instrumentos de todo tipo. Un día, déuselle por buscar novas especies, colleu un avión e foi para a illa de Chunchán. Alí viu todo tipo de animais e polo camiño, por unha montaña con vistas ao mar, viu un animal moi raro. Colleu os seus prismáticos para asegurarse do que estaba vendo. Colleu un lápis e púxose a escribir:
- Ten un gran corpo amarelo no que resalta a súa coraza con serra.
- Come todo o que se lle pon diante, ata come bananas mariñas, que son especies moi raras.
- Adícase a facer surf plataneiro.
O bo home non o cazou, simplemente pensou en contarllo aos seus compañeiros e quedar cun recordo. Polo camiño de volta, inventou unha canción:

Supermariño, mariño, mariño,
plataniño, mariño, mariño,
supernadador, nadador, nadador...

O científico contouno todo no seu traballo pero non llo creron e finalmente quedou sabendo el só que aquel animal existía».

 

SOBRE O TOUROTENAZ, ENIA GÁNDARA, DE 5ºB, ESCRIBIU:

"A historia vella"
«Aquela mañá fresca, nacía un becho ao que seus pais querían moito. Era grande, cun rabo moi bonito, vivía nun campo de moito cultivo e os seus donos alimentábano con herba. Dixéronlle os seus pais que aquelas árbores tiñan centos e centos de anos, que estaban mesmo antes de chegaren eles alí. O bechiño achegouse a eles e preguntoulles:
- Vós como chegastes ata aquí?
E a nai comezou a contar: naqueles tempos, estoume referindo ao ano 1960, teu pai e máis eu pasámolo moi mal. Leváronnos metidos nun camión, démonos conta de que iamos ao matadeiro e saltamos do camión. Viñemos parar aquí e dona Elisa criounos neste precioso campo, que xa coñecemos coma a palma da nosa man.

E así foi a historia desta familia que por sempre foi feliz».


SOBRE O PINGÜITOR, DIANA REBECA GONZÁLEZ, DE 5º C, ESCRIBIU:

"Vidaurre descobre un novo animal"
«O profesor Vidaurre, gran científico, descubriu un novo animal que, segundo el, ten vida. Trátase do Pato Branco e Negro, que vive en Alaska. É branco por diante, negro por detrás e ten un bico moi longo. Semella un pingüín. Aliméntase de peixes e, ás veces, come algas. Aliméntase 5 horas ao día e dúchase antes de comer. Mide o mesmo ca un bebé e sempre dorme nunha árbore. Pasa o día pescando. Son ovíparos e non lles fai falla fecundarse. Ás 11:00 horas entrevistamos ao profesor Vidaurre:
- Gústábanlle os animais de pequeno?
- Si, tíñalle moito amor aos animais. Tiña tantos bechos que miña nai díxome que ou botaba aos animais da casa, ou tiña que marchar eu.
- Vostede, aos 18 anos, dou a volta ao mundo, non é certo?
- Si, e descubrín moitos bechos.
- Descubriu algún outro animal?
- Si, o Golfiño Amarelo e Negro, o Paxaro Bombilla, o Chimpancé Verde, o Lobo Rosa, o Morcego Violeta e moitos outros.
- Moitas grazas profesor Vidaurre».

--------------------------------------------------------------------------------

SOBRE EL METROCOL, ANA CAMBÓN, DE 5º, ESCRIBIÓ:

«Había una vez un caracol diferente a los demás: era un caracolmetro. El pobre era el único de su especie y, para colmo, se llamana Pedrouzo de Pica Pelada Martínez Lambón.
A Pedrouzo le gustaba la caracola Manoliña de las Flores. Pedrouzo pasaba el día mirando a Manoliña hasta que un día su madre le dijo:
- ¡Ven aquí Pedrouzo! ¡Que para ser omnívoro, solo te alimentas cuando ves a Manoliña!
Después de acabar la cena: moscas rellenas de salchichas de hierbas, un gourmet muy delicioso entre los invertebrados; subió a su habitación, en la hoja del árbol y se puso a mirar, como de costumbre, a Manoliña.
Al día siguiente fue a trabajar, él es el escritor de las Páginas Blancas. Al llegar de trabajar tomó un té color gusano muerto y se marchó a su estudio. Ese día no vio a Manoliña. Ese mismo día no pilló el sueño y al despertar, vio a Manoliña mirándole.
Ese día descubrió que a Manoliña le gustaba. Y los dos bichos ya son marido y mujer y comieron moscas y bailaron la jota».

SOBRE EL PLATAFÍN, SERGIO BRANDÓN, DE 5ºB, ESCRIBIÓ:

"El cuento de Platanomar"
«Había una vez un científico loco que hacía instrumentos de todo tipo. Un día, se le dio por buscar nuevas especies, cogió un avión y se fue a la isla de Chunchán. Allí vio todo tipo de animales y por el camino, por una montaña con vistas al mar, vio un animal muy raro. Cogió sus prismáticos para asegurarse de lo que estaba viendo. Cogió un lápiz y se puso a escribir:
- Ten un gran cuerpo amarillo en el que resalta su coraza con sierra.
- Come todo lo que se le pone delante, hasta come bananas marinas, que son especies muy raras.
- Se dedica a hacer surf platanero.
El buen hombre no lo cazó, simplemente pensó en contarlo a sus compañeros y quedar con un recuerdo. De camino de vuelta, inventó una canción:

Supermariño, mariño, mariño,
plataniño, mariño, mariño,
supernadador, nadador, nadador...

El científico lo contó todo en su trabajo pero no le creyeron y finalmente quedó sabiendo él solo que aquel animal existía».

SOBRE EL TOROTENAZ, ENIA GÁNDARA, DE 5ºB, ESCRIBIÓ:

"La historia vieja"
«Aquella mañana fresca, nacía un bicho al que sus padres querían mucho. Era grande, con un rabo muy bonito, vivía en un campo de mucho cultivo y sus dueños lo alimentaban con hierba. Le dijeron sus padres que aquellos árboles tenían cientos y cientos de años, que estaban incluso antes de haber llegado ellos allí. El animalito se acercó a ellos y les preguntó:
- ¿Vosotros cómo llegásteis hasta aquí?
Y su madre comenzó a contar: en aquellos tiempos, me estoy refiriendo al año 1960, tu padre y yo lo pasamos muy mal. Nos llevaron metidos en un camión, nos dimos cuenta de que íbamos al matadero y saltamos del camión. Vinimos a parar aquí y doña Elisa nos crió en este precioso campo, que ya conocemos como la palma de nuestra mano.
Y así fue la historia de esta familia que por siempre fue feliz».

SOBRE EL PINGÜITOR, DIANA REBECA GONZÁLEZ, DE 5º C, ESCRIBIÓ:

"Vidaurre descubre un nuevo animal"
«El profesor Vidaurre, gran científico, descubrió un nuevo animal que, según él, tiene vida. Se trata del Pato Blanco y Negro, que vive en Alaska. Es blanco por delante, negro por detrás y tiene un pico muy largo. Parece un pingüino. Se alimenta de peces y, a veces, come algas. Se alimenta 5 horas al día y se ducha antes de comer. Mide lo mismo que un bebé y siempre duerme en un árbol. Pasa el día pescando. Son ovíparos y no les hace falta fecundarse. A las 11:00 horas entrevistamos al profesor Vidaurre:
- ¿Le gustaban los animales de pequeño?
- Sí, les tenía mucho amor a los animales. Tenía tantos bichos que mi madre me dijo que o echaba a los animales de casa, o tenía que marcharme yo.
- Usted, a los 18 años, ¿dio la vuelta al mundo, no es cierto?
- Sí, y descubrí muchos bichos.
- ¿Descubrió algún otro animal?
- Sí, el Delfín Amarillo y Negro, el Pájaro Bombilla, el Chimpancé Verde, el Lobo Rosa, el Murciélago Violeta y muchos más.
- Muchas gracias profesor Vidaurre».