'FELIZ IDADE', PREMIO DA CRÍTICA DE GALICIA

Feliz Idade”, de Olga Novo, vén de ser recoñecido, por unanimidade, co XLIII Premio da Crítica de Galicia na modalidade de Creación Literaria. O xurado salientou desde poemario “a forza lírica coa que converte as vivencias persoais nun feito poético universal, enraizado no máis fondo da nosa propia identidade cultural. É un canto á vida no que conflúen pasado, presente e futuro. Ao tempo que o eu lírico expresa a súa felicidade polo nacer da filla, compón unha elexía polo pai falecido. Destacan a potencia da lingua poética e a escolla das referencias culturais. Unha estrutura, en sete partes ben definidas, axuda a avanzar na gozosa lectura”.

Esta distinción súmase ao Premio Gala do Libro Galego, o Premio da Crítica Española e o Premio Nacional de Poesía.