Concerto de "Brinca Vai!" este sábado en Ourense.

As Feiras do Libro de Ourense e de Ferrol acollen os próximos concertos de "Brinca Vai!", con Paco Nogueiras como músico e intérprete da escolma de cancións que pequenos e maiores cantan, bailan e brincan.

Concerto de "Brinca Vai!" en Ferrol.

Dende o seu debut en Lugo, Paco Nogueiras vén percorrendo as principais cidades galegas cun espectáculo que combina voz e música en directo, humor e participación do público.

Concerto de "Brinca Vai!"  (Kalandraka)en Lugo, con Paco Nogueiras.

As cancións de "Brinca Vai!" tamén amenizaron a Romaría Popular organizada polo CEIP Ana María Diéguez, en Asados (Rianxo).

Concerto de "Brinca Vai!"  (Kalandraka)en Asados (Rianxo), con Paco Nogueiras.

Libros para Soñar encheuse de público, que aplaudiu cada momento do espectáculo, no que non faltou o "bis". Na sala de exposicións da libraría pódense ver durante este mes de xuño as ilustracións de David Pintor para este libro-disco.

Concerto de "Brinca Vai!"  (Kalandraka)en Libros para Soñar, con Paco Nogueiras.

En Libros para Soñar (Vigo), exposición das ilustracións de David Pintor para o libro-disco "Brinca Vai!".

Paco Nogueiras, en Libros para Soñar.

Paco Nogueiras, en Libros para Soñar.

Tamén en Vigo, "Brinca Vai!" presentouse na Feira do Libro, onde Paco Nogueiras asinou moitos exemplares do seu libro-disco.

Concerto de "Brinca Vai!"  (Kalandraka) na Feira do Libro de Vigo, con Paco Nogueiras.

Concerto de "Brinca Vai!"  (Kalandraka) na Feira do Libro de Vigo, con Paco Nogueiras.Nogueiras.

Asinando exemplares de "Brinca Vai!" na Feira do Libro de Vigo.

"Brinca Vai!" tamén se presentou na Galería Sargadelos de Santiago, con motivo da clausura da XIV Campaña de Animación á Lectura. Neste concerto, ademais de Paco Nogueiras, tamén participaron o ilustrador David Pintor e o director dos vídeos musicais incluídos no DVD, José Miguel Sagüillo, que completou a posta en escena cunha proxección de imaxes en directo do espectáculo e fragmentos dos videoclips das cancións.

Concerto de "Brinca Vai!" na clausura da XIV Campaña de Animación á Lectura de Santiago.

Concerto de "Brinca Vai!" na clausura da XIV Campaña de Animación á Lectura de Santiago.

Concerto de "Brinca Vai!" na clausura da XIV Campaña de Animación á Lectura de Santiago.

Concerto de "Brinca Vai!" na clausura da XIV Campaña de Animación á Lectura de Santiago.

David Pintor, Paco Nogueiras, Sr. Sagüillo e Xosé Pérez, de Kalandraka.