Meirieu, Philippe

Meirieu, Philippe

(Francia, 1949)

Profesor, educador, autoreinvestigador no eidodas Ciencias Sociais, ademais de destacado participante en foros e debates sobrepolítica educativa, e cidadán comprometido coascausasda liberdade,da xustiza e da cooperación. Tamén é un recoñecido especialista enestudos de Historia da Educacióne militante a prol dos dereitos da infancia e da escola para todos, laica e democrática, é dicir, «republicana». Promotor dosmovementos de Educación Popular, foi profesor de Educación Primaria e Secundariaantesde acceder ao ámbito universitario. Dirixiuo Instituto de Ciencias e PrácticadaEducaciónedaFormaciónnaUniversidade LumièreenLyon-2,oInstitutoNacionaldeInvestigación Pedagóxica, e o Instituto Universitario de Formación de Mestres no mesmo centro académico. Actualmente é profesor emérito en Ciencias da Educación. Ten publicadonumerosas obras e textos de ensaioreeditados en múltiples ocasións e traducidos avarias linguas. Dirixiu programas e series de televisión de temáticaeducativa. Formou parte decomisións institucionais para o estudo e o debate das problemáticas do noso tempo no escenario da República francesa, así comoredactor xefe da prestixiosa revistaCahiers Pédagogiques. Coordinaa colección Pédagogiesna editorial ESFe colabora en medios como Le Nouvel Observateur, Le Mondeou Café Pedagogique.

http://www.meirieu.com

 

1 artículo

Fijar Dirección Ascendente
por página