JOSEBA SARRIONANDIA PRESENTA "UNHA VOLTA AO MUNDO" EN VIGO

JOSEBA SARRIONANDIA PRESENTA

O escritor Joseba Sarrionandia presentará o seu novo libro, «Unha volta ao mundo», este martes 21 de marzo ás 20:00 horas na Libraría Cartabón (rúa de Urzáiz, 125) de Vigo. Publicado por KALANDRAKA con ilustracións do artista cubano Arístides Hernández ‘Arese traducion de Isaac Xubín, trátase dunha visión crítica sobre una parte da Historia moderna relacionada coas expedicións marítimas, a apertura de rutas comerciais e a colonización. O director de KALANDRAKA, Xosé Ballesteros, conversará co autor sobre este relato, ademais de repasar -na data na que se conmemora o Día da Poesía- a súa obra poética recollida nas antoloxías «Tempo de exilio» e «Alén da fronteira».

O texto de Joseba Sarrionandia céntrase no periplo capitaneado en 1519 polo explorador portugués Fernão de Magalhães que finalizou en 1522 ao mando do vasco Juan Sebastián Elcano, tras completar a primeira circunnavegación da Terra. Lonxe da mitificación e da épica desta era dos descubrimentos como grandes aventuras protagonizadas por personaxes heroicos, o autor revela aspectos incómodos que apenas se recollen nos libros de historia convencionais: os abusos e o autoritarismo a bordo das embarcacións, o sometemento das poboacións indíxenas, as diferenzas culturais, a desigualdade, a memoria histórica, o papel da Igrexa no reparto do mundo…

O relato artéllase arredor da conversa entre unha nena e a súa avoa, que lle conta a “historia verdadeira” fronte á ficción dos contos. Un diálogo tenro e intelixente que presenta reflexións en materia filosófica, política, relixiosa ou científica sen renunciar ao humor, a ironía e mesmo a discrepancia entre ambos os personaxes.

Será a primeira ocasión na que Joseba Sarrionandia visite Galicia para presentar a súa obra, pola que está considerado un dos autores máis prestixiosos en éuscaro: o Premio Euskadi de Literatura (2011), o Premio da Crítica (1986 e 2001) e o Premio Ignacio Aldekoa (1980) son algúns dos recoñecementos que ten recibido este académico da Lingua Vasca. Xunto coa da súa produción narrativa, poética, ensaística e de literatura infanto-xuvenil, tamén é o tradutor de figuras como T.S. Eliot ou Fernando Pessoa.

March 21 2023

Detalles

Comienzo: March 21, 2023, 8:00 PM
Fin: March 21, 2023, 9:00 PM
Dirección: Rúa de Urzáiz, 125. Vigo

Sede

Libraría Cartabón

+ Google Map

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar la experiencia de navegación, y ofrecer contenidos y publicidad de interés. Para obtener más información, consulta nuestra Política de Cookies. Puedes configurar o rechazar las cookies pulsando en el botón configurar cookies.