Exposición XV Campaña de Animación á Lectura.

A exposición de ilustracións e libros da XV Campaña de Animación á Lectura do Concello de Santiago é o marco artístico e creativo no que se celebran as sesións escolares de contacontos, as xornadas formativas para o profesorado e as actividades abertas ao público. A Galería Sargadelos volve converterse un ano máis nun pequeno museo no que o alumnado, os educadores e as familias poden achegarse á obra de sete artistas plásticos.

* Carmen Queralt é a autora e ilustradora de "Quen é ese becho?", un libro para pre-lectores cunha atractiva proposta visual realizada coa técnica do collage. Nesta recreación en gran formato das ilustracións -que acompañan o público no seu tránsito polas escaleiras- utilizáronse papeis de cores, diferentes tipos de telas e texturas para darlle forma aos simpáticos personaxes que protagonizan este conto sobre a diversidade.

Exposición XV Campaña de Animación á Lectura: Carmen Queralt.

*Nos últimos chanzos da escaleira que dá acceso á sala na que se imparten os obradoiros escolares de ilustración, pódense ver obras do galego Óscar Villán, Premio Nacional de Ilustración 1999. Pertencentes ao libro de relatos "Non hai escapatoria e outros contos marabillosos", son imaxes descritivas que transmiten curiosidade, intriga e que destacan polas sorprendentes solucións gráficas do ilustrador.

Exposición XV Campaña de Animación á Lectura: Óscar Villán.

Exposición XV Campaña de Animación á Lectura: Óscar Villán.

* Federico Delicado gañou o VII Premio Internacional Compostela con "Ícaro", unha historia fermosa e á vez desacougante que trata sobre o desexo de liberdade, a diferenza, a esperanza. Conviven ilustracións de tonalidades luminosas con imaxes apagadas para distinguir dous planos paralelos da realidade: a da fantasía e a do convencionalismo. A influencia de Hopper está presente nalgunhas escenas.

Exposición XV Campaña de Animación á Lectura: Federico Delicado.

Exposición XV Campaña de Animación á Lectura: Federico Delicado.

Exposición XV Campaña de Animación á Lectura: Federico Delicado.

Exposición XV Campaña de Animación á Lectura.

Exposición XV Campaña de Animación á Lectura: Federico Delicado.

Exposición XV Campaña de Animación á Lectura.

* A galega Ana Sande ilustrou o clásico de Andersen "O patiño feo". Ademais de primar o volume dos personaxes, xoga co punto de vista dos lectores: unhas veces utilizando planos picados, para que sexa o espectador quen observa; outras, contrapicados, para ver a través dos ollos do protagonista. Nestas ilustracións plásmase tamén o paso do tempo, perceptible nos cambios estacionais e no crecemento do patiño. Acompañando as imaxes, unha elaborada maqueta en tres dimensións -realizada pola propia ilustradora- reproduce unha das escenas do libro.

Exposición XV Campaña de Animación á Lectura: Ana Sande.

Exposición XV Campaña de Animación á Lectura: Ana Sande.

* De Leo Lionni, as ilustracións de "Cores", nas que varios ratiños representan un animado percorrido polo abano cromático. Novamente a técnica do collage volve situarnos antea obra dun artista pioneiro no seu xeito de revolucionar o álbum ilustrado e as historias para público infantil. Elevado á categoría de clásico, o seu legado foi recoñecido en todo o mundo.

Exposición XV Campaña de Animación á Lectura: Leo Lionni.

* O brasileiro André Neves é o autor das ilustracións de "Orellas de bolboreta": un laborioso mosaico de texturas, fondos de enorme riqueza cromática, delicadeza na representación da expresividade e das emocións que transmiten os personaxes, ademais dun coidado detallismo na elección dos materiais, como papeis pintados, fíos e teas.

Exposición XV Campaña de Animación á Lectura: André Neves.

Exposición XV Campaña de Animación á Lectura: André Neves.

Exposición XV Campaña de Animación á Lectura: André Neves.

* Na sala final atópanse as ilustracións elaboradas por Mariona Cabassa para o libro-disco "Non hai berce coma o colo", que recolle arrolos tradicionais. Cada canto é representado con escenas de intenso colorido, nas que destaca o protagonismo da natureza e da familia, na súa diversidade.

Canda as imaxes, unha selección das músicas incluídas neste traballo de posta en valor do patrimonio oral galego, cos vídeos de dúas cancións: "Arrolo de Domaio" e "Berce do Pedro Chosco".

Exposición XV Campaña de Animación á Lectura: Mariona Cabassa.

Exposición XV Campaña de Animación á Lectura: Mariona Cabassa.