O ilustrador Marc Taeger, acompañado de Alberto Barreiro ao acordeón, visitou as Escolas Infantís Municipais de Conxo e de Fontiñas. O obxectivo destes encontros é achegar os cativos á ilustración nun ambiente lúdico, para gozar da creación artística en directo. Así, as intervencións de Marc Taeger consistiron na elaboración de figuras de gran formato que serven para decorar os centros. Utilizando papel, pinturas de cores, tesoiras e habilidade compositiva, Marc Taeger converteu os muros destas escolas infantís nunha sorte de zoolóxicos nos que se asoman leóns e xirafas, elefantes e gatos, monos e paxaros. Marc Taeger é o ilustrador de "A verdadeira historia de Carapuchiña", "Aquiles o puntiño", "Garavanciño" e "Tic-Tac".

---------------------------------------------------

El ilustrador Marc Taeger, acompañado de Alberto Barreiro al acordeón, visitó las Escuelas Infantiles Municipales de Conxo y de Fontiñas. El objetivo de estos encuentros es acercar a los niños y niñas a la ilustración en un ambiente lúdico, para disfrutar de la creación artística en directo. Así, las intervenciones de Marc Taeger consistieron en la elaboración de figuras de gran formato que sirven para decorar los centros. Utilizando papel, pinturas de colores, tijeras y habilidad compositiva, Marc Taeger convirtió los muros de estas escuelas infantiles en una suerte de zoológicos en los que se asoman leones y jirafas, elefantes y gatos, monos y pájaros. Marc Taeger es el ilustrador de "La verdadera historia de Caperucita", "Aquiles el puntito", "Garbancito" y "Tic-Tac".

Velaquí o seu paso pola Escola Municipal Infantil de Conxo, o pasado mes de abril.

A continuación, a súa intervención artística na Escola Municipal Infantil das Fontiñas.