PIETRO GOTTUSO RECIBE EL XIII PREMIO COMPOSTELA POR 'DESDE 1880'

Con máscaras, hidrogel y distancia social, como mandan las circunstancias pandémicas pero, porque también hay formas seguras de hacer Cultura, el Departamento de Educación del Ayuntamiento de Santiago ha organizado el acto de entrega del XIII Premio Internacional Compostela de Álbum Ilustrado al autor de la obra galardonada, “Desde 1880”.

En Roma y por videoconferencia, Pietro Gottuso ha recibido el aplauso de los integrantes del jurado y de representantes de la Corporación compostelana, además de las melodías tradicionales de Xermán Díaz y Benxamín Otero a la zanfona y al óboe, respectivamente. “Un álbum sin palabras tiene el poder comunicativo y evocador de las imágenes”, ha explicado el autor durante su intervención, “y puede decir aún más que un texto escrito”.

Mientras medio mundo permanecía confinado, Pietro Gottuso trabajaba minuciosa y pacientemente en las ilustraciones -acrílicos sobre madera- de este libro, haciendo su particular homenaje a una veterana librería de su país cuyo cierre había sido noticia en los medios de comunicación. Cuesta imaginar un futuro sin librerías, “esos lugares mágicos y queridos a los que siempre acudiremos las personas letraheridas”, ha recordado el director de KALANDRAKA, Xosé Ballesteros al presentar las seis ediciones de esta obra ante el alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, con quien este certamen comenzó hace trece años, de la mano de quien ha sido jefe del Departamento de Educación, Xosé Manuel Rodríguez-Abella.

  

La obra de Pietro Gottuso se suma a las de Natalia Colombo, Felipe Ugalde, Pep Bruno y Mariona Cabassa, Martín León Barretto, Julia Díaz y David Álvarez, Mariana Ruiz Johnson, Federico Delicado, Miguel Cerro, Antonis Papatheodoulou e Iris Samartzi, Rocío Alejandro, Fran Pintadera y Christian Inaraja, y Mariann Máray, que conforman la creciente colección del Premio Compostela. “Libros que animen a leer, que perduren en el tiempo y aporten momentos de felicidad, pues cuanto más lectora es una sociedad, más libre y más feliz se siente”, ha añadido el director de KALANDRAKA.

“Desde 1880” habita ya en librerías como la que inspiró este relato visual que recorre 140 años a lo largo del tiempo y de la Historia. De tod@s depende ahora que los lugares 'donde habitan los libros' sigan alimentando nuestros sueños y nuestras esperanzas no solo en el presente, sino también en el futuro.

. . . . . . . . . 

Con máscaras, hidroxel e distancia social, como mandan as circunstancias pandémicas pero, porque tamén hai xeitos seguros de facer Cultura, o Departamento de Educación do Concello de Santiago organizou o acto de entrega do XIII Premio Internacional Compostela de Álbum Ilustrado ao autor da obra galardoada, “Dende 1880”.

En Roma e por videoconferencia, Pietro Gottuso recibiu o aplauso dos integrantes do xurado e dos representantes da Corporación compostelá, ademais das melodías tradicionais de Xermán Díaz e Benxamín Otero á zanfona e ao óboe, respectivamente. “Un álbum sen palabras ten o poder comunicativo e evocador das imaxes”, explicou o autor durante a súa intervención, “e pode dicir aínda máis que un texto escrito”.

Mentres medio mundo permanecía confinado, Pietro Gottuso traballaba minuciosa e pacientemente nas ilustracións -acrílicos sobre madeira- deste libro, facéndolle a súa particular homenaxe a unha veterana libraría do seu país cuxo peche fora noticia nos medios de comunicación. Custa imaxinar un mañá sen librarías, “eses lugares máxicos e queridos aos que sempre acudiremos as persoas letraferidas”, lembrou o director de KALANDRAKA, Xosé Ballesteros, ao presentar as seis edicións deste libro ante o alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, con quen este certame comezou hai trece anos, da man de quen fora xefe do Departamento de Educación, Xosé Manuel Rodríguez-Abella.   

A obra de Pietro Gottuso súmase ás de Natalia Colombo, Felipe Ugalde, Pep Bruno e Mariona Cabassa, Martín León Barretto, Julia Díaz e David Álvarez, Mariana Ruiz Johnson, Federico Delicado, Miguel Cerro, Antonis Papatheodoulou e Iris Samartzi, Rocío Alejandro, Fran Pintadera e Christian Inaraja, e Mariann Máray, que conforman a crecente colección do Premio Compostela. “Libros que animen a ler, que perduren e acheguen momentos de felicidade, pois canto máis lectora é unha sociedade, máis libre e máis feliz se sente”, engadiu o director de KALANDRAKA.

“Dende 1880” habita xa en librarías como a que inspirou este relato visual que percorre 140 anos ao longo do tempo e da Historia. De tod@s depende agora que os lugares 'onde habitan os libros' sigan alimentando os nosos soños e as nosas esperanzas non só no presente, senón tamén no futuro.