"Ganapán das palabras" en Libraría Paz

Libraría Paz

O libro “Ganapán das palabras”, do escritor Pepe Cáccamo e da artista María Xosé Fernández, asómase estes días ao escaparate de cinco librarías da cidade de Pontevedra: Seijas, Paz, Nobel, Pataka Frita e Amarante.

"Ganapán das palabras" en Libraría Amarante

Amarante

Na recta final deste mes do libro e da lectura no que KALANDRAKA cumpriu o seu 18º aniversario, e ás portas da celebración en maio do Día das Letras Galegas, esta acción serve para visibilizar a literatura infantil-xuvenil e invitar o público a atopar nela unha fiestra aberta á imaxinación e á creatividade.

"Ganapán das palabras" en Libraría Nobel

Libraría Nobel

“Ganapán das palabras” foi un dos primeiros títulos que saíu da factoría dos Libros para soñar de KALANDRAKA, en 1998. Recuperando as imaxes orixinais, KALANDRAKA vén de publicar unha edición especial deste álbum para botar unha ollada ás súas raíces e, ademais, sorprender os lectores de hoxe cun álbum creado para o público infantil de onte, pero que mantén plenamente a súa vixencia: cinco palabras aventureiras caen nun espello e vólvense do revés, nun enredo de rimas e de versos.

"Ganapán das palabras" en Libraría Pataka Frita

Libraría Pataka Frita

Así, seguindo o fío argumental do libro, cada unha desas cinco palabras foron representadas en cada unha das cinco librarías que participan deste xogo artístico-literario: pedra, cama, laranxa, lúa, pan.

"Ganapán das palabras" en Libraría Seijas

Libraría Seijas

“18 anos lendo contigo” é o lema que fía esta mostra escénica coa que KALANDRAKA tamén pretende poñer en valor o papel das librarías como axentes culturais.

.

[Montaxes e fotos: Mari-Sol García, deseñadora de KALANDRAKA]