[Entrevista no programa Zig-Zag da Televisión de Galicia]

[Entrevista no programa Diario Cultural da Radio Galega]

Segue sumando columnas na prensa escrita e ocupando minutos na programación cultural das cadeas de radio e de televisión a concesión do Premio Nacional de Poesía 2013 a Manuel Álvarez Torneiro, o primeiro galego en acadar esa distinción por unha obra -“Os ángulos da brasa”- escrita na nosa lingua.

Unha semana despois de serlle comunicada a concesión deste prestixioso galardón, o autor recibiu unha sinxela e cálida homenaxe na Biblioteca Municipal de Estudos Locais da súa cidade. A directora desta entidade, Victoria Villanueva, foi a anfitriona dun encontro no que o escritor coruñés foi nomeado “socio de honra” da Biblioteca; un título simbólico que se estreaba por primeira vez co receptor do Premio Nacional de Poesía.

Ademais de entregarlle un carnet especial co emblema das Bibliotecas Municipais da Coruña, Victoria Villanueva tamén obsequiou a Manuel Álvarez Torneiro con varios libros conmemorativos sobre a historia da cidade.

O poeta correspondeu adicándolle á Biblioteca de Estudos Locais un exemplar de “Os ángulos da brasa” e un poema manuscrito -Anuncios por palabras- do seu libro, que xa forma parte do patrimonio desta institución pública, a casa da lectura de toda a cidadanía.

[Coa directora da Biblioteca Municipal de Estudos Locais da Coruña, Victoria Villanueva]

[Coa secretaria xeral da Asociación de Escritores en Lingua Galega, Mercedes Queixas]

[Co ilustrador Xosé Cobas]

Entre os participantes neste acto de recoñecemento, a directora das Bibliotecas Municipais, Isabel Blanco; Mercedes Queixas, a secretaria xeral da Asociación de Escritores en Lingua Galega, entidade da que Álvarez Torneiro é socio de honra e da que recibiu o Premio de Poesía 2013; o escritor Xabier P. Docampo, Premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil 1995, e o artista plástico Xosé Cobas, que ilustrou dúas das obras de Álvarez Torneiro: “Campo segado” (2001) e a antoloxía “Os reinos do fulgor” (2002); e representantes de KALANDRAKA, co director da colección Tambo, Luís Rei Núñez.

"...Asedio de raiolas nas mazás escolásticas.

A textura do orballo universal no lirio.

Brancas convocatorias de mantel

para o viño das honras..."

Manuel Álvarez Torneiro: fragmento de As vidas non contadas, "Os ángulos da brasa" (2012). Tambo, Faktoría K, Kalandraka.

...................................................

Sigue sumando columnas en la prensa escrita y ocupando minutos en la programación cultural de las cadenas de radio y televisión la concesión del Premio Nacional de Poesía 2013 a Manuel Álvarez Torneiro, el primero en lograr esa distinción por una obra -“Os ángulos da brasa”- escrita en galego.

Una semana después de comunicarle la concesión de este prestigioso galardón, el autor recibió un sencillo y cálido homenaje en la Biblioteca Municipal de Estudos Locais de su ciudad. La directora de esta entidad, Victoria Villanueva, fue la anfitriona de un encuentro en el que el escritor coruñés fue nombrado “socio de honor” de la Biblioteca; un título simbólico que se estrenaba por primera vez con el receptor del Premio Nacional de Poesía.

Además de entregarle un carnet especial con el emblema de las Bibliotecas Municipales de A Coruña, Victoria Villanueva también obsequió a Manuel Álvarez Torneiro con varios libros conmemorativos.

El poeta correspondió dedicándole a la Biblioteca de Estudos Locais un ejemplar de “Os ángulos da brasa” y un poema manuscrito -“Anuncios por palabras”- de su libro, que ya forma parte del patrimonio de esta institución pública, la casa de la lectura de toda la ciudadanía.

Entre los participantes en este acto de reconocimiento, la directora de las Bibliotecas Municipales, Isabel Blanco; Mercedes Queixas, secretaria gerenal de la Asociación de Escritores en Lingua Galega, entidad de la que Álvarez Torneiro es socio de honor y de la que ha recibido el Premio de Poesía 2013; el escritor Xabier P. Docampo, Premio Nacional de Literatura Infantil y Juvenil 1995, y el artista plástico Xosé Cobas, que ha ilustrado dos obras de Álvarez Torneiro: “Campo segado” (2001) y la antología “Os reinos do fulgor” (2002); y representantes de KALANDRAKA, con el director de la colección Tambo, Luís Rei Núñez.