O pito Artur estaba incómodo dentro do seu ovo.

Medrara tanto que aquel cuarto se lle facía pequeno...

O profesor e escritor de Cangas Xosé Manuel González 'Oli' e mais o ilustrador suizo afincado en Bueu Marc Taeger, asinarán exemplares de ARTUR, un álbum ilustrado elaborado en cartón duro para pre-lectores e primeiros lectores. Está publicado en sete linguas -galego, castelán, catalán, éuscaro, portugués, italiano e inglés- no selo FAKTORÍA K de KALANDRAKA.

Mañá, SÁBADO 30 de xuño, ás 19:30 horas, na Feira do Libro de Vigo (Praza de Compostela).