Libros para Soñar-Vigo

  1. ABRÍGATE DO MAL TEMPO EN 'LIBROS PARA SOÑAR'

    LIBROS PARA SOÑAR conclúe hoxe o ciclo de actividades infantís sobre autores e ilustradores portugueses. “Ovelliña dáme la”, de Isabel Martins e Yara Kono, será un dos relatos protagonistas do repertorio desta tarde, a partir das 18:30 horas. Este conto editado por KALANDRAKA, obtivo unha mención de honra no Premio Internacional Compostela de Álbum Ilustrado.

    Trátase dun conxunto de versos dialogados e áxiles que, mediante unha estrutura repetitiva, van enumerando as prendas que se poden facer con la de ovella: xerseis, gorros, bufandas, abrigos, medias... Un libro vistoso e colorido co que os primeiros lectores se poden familiarizar coa roupa, as partes do corpo, as materias primas e mesmo os rigores do tempo.

    A sesión de contos rematará cun obradoiro de figuras recurtables que os nenos e nenas poderán v

    Lee mas »
  2. ESCAPARATE DE 'MAKAKIÑOS DÍA A DÍA' EN LPS

    Os títulos da colección Makakiños día a día, no escaparate de Libros para Soñar, en Vigo

    Unhas verduras, unhas froitas e algo de menaxe da cociña, o mandil, o gorro e a lista da tenda... Con elementos domésticos do máis cotiá, o escaparate da libraría LIBROS PARA SOÑAR (Triunfo, 1. Vigo) presenta estes días os novos títulos da colección de fácil lectura. “Nicolás cocina sin fuego” e “Nicolás va de compras” pertencen a Makakiños día a día: trátase de materiais complementarios que axudarán as persoas con necesidades educativas especiais a adquirir máis autonomía persoal e a intercomunicarse co contorno. Porque “un pequeno paso de formiga pode converterse nun paso de xigante, como di o lema destes libros.

    -------------------------------------

    Unas verduras, unas frutas y algo de menaje de cocina, el mandilón, el gorro de chef y la lista de la tienda... Con elementos domésticos cotidianos, el escaparate de la librería LIBROS PARA SOÑAR (Triunfo, 1. Vigo) presenta estos días los nuevos títulos de la colección de fácil lectura. “Nicolás cocina sin fuego” y “Nicolás va de compras” pertenecen a Makakiños día a día: se trata de materiales complementarios que ayudarán a las personas con necesidades educativas especiales a adquirir más autonomía personal y a intercomunicarse con el entorno. Porque “un pequeño paso de hormiga puede convertirse en un paso de gigante”, como dice el lema de estos libros.

    Lee mas »
  3. CLARA HADDAD, EN LIBROS PARA SOÑAR

    Clara Haddad, en LIBROS PARA SOÑAR

    A narradora brasileira Clara Haddad, afincada en Portugal, foi a invitada especial da sesión infantil de contos que se celebrou o pasado venres en LIBROS PARA SOÑAR. No marco das actividades de animación á lectura adicadas aos autores, ilustradores e álbums procedentes do país veciño, Clara Haddad centrou a súa actuación en obras de orixe brasileira, portuguesa e galega.

    ------------------------------------------------

    La narradora brasileira Clara Haddad, afincada en Portugal, fue la invitada especial de la sesión infantil de cuentos que se celebró el pasado viernes en LIBROS PARA SOÑAR. En el marco de las actividades de animación a la lectura dedicadas a los autores, ilustradores y álbumes procedentes del país vecino, Clara Haddad centró su actuación en obras de origen brasileiro, portugués y gallego.

    Lee mas »
  4. 'OVELHINHA DÁ-ME LÁ' EM PORTUGAL (II)

    Presentación de "Ovelhinha dá-me la" en Lisboa

    Isabel Martins e Yara Kono, autora e ilustradora de "Ovelhinha dá-me la"

    Isabel Minhós Martins e Yara Kono apresentarão “Ovelhinha dá-me lã” no próximo sábado, dia 6 de Março, pelas 16h00, na Livraria Trama (Rua São Filipe Nery, 25B) em Lisboa. A sessão será animada pelas Tricotadeiras de Oeiras e a história estará por conta dos Contos da Lua Nova. A autora e a ilustradora deste livro, distinguido com uma menção honrosa no I Prémio Internacional Compostela para Álbuns Ilustrados, já visitaram também as livrarias Salta Folhinhas e Papa-Livros, ambas no Porto. Na narração da história participou Paula Antão, que transformou a Salta Folhinhas numa improvisada oficina de tricot, com lãs coloridas. Na Papa-Livros, Adélia Carvalho encenou com fantoches este conto rimado.

    -------------------------------------

    Isabel Martins e Yara Kono presentarán “Ovelliña dáme la” este sábado 6 de marzo ás 16:00 horas na libraría Trama (Rúa São Filipe Nery, 25) de Lisboa. As 'Tricotadeiras de Oeiras' ambientarán a sesión, na que tamén participarán as contadoras do grupo 'Contos da Lua Nova'. A autora e a ilustradora deste libro, distinguido cunha mención especial no Premio Internacional Compostela de Álbum Ilustrado, visitaron tamén as librarías Salta-Folhinhas e Papa-Livros, ambas en Porto. Na narración do conto participou Paula Antão, que converteu Salta-Folhinhas nun improvisado obradoiro de calceta, con lanas de cores. En Papa-Livros, Adélia Carvalho escenificou con títeres este relato rimado.

    -----------------------------------------------

    Isabel Martins y Yara Kono presentarán “Ovejita dame lana” este sábado 6 de marzo a las 16:00 horas en la librería Trama (Rúa São Filipe Nery, 25) de Lisboa. Las 'Tricotadeiras de Oeiras' ambientarán la sesión, en la que también participarán las contadoras del grupo 'Contos da Lua Nova'. La autora y la ilustradora de este libro, distinguido con mención especial en el Premio Internacional Compostela de Álbum Ilustrado, visitaron las librerías Salta-Folhinhas y Papa-Livros, ambas en Porto. En la narración del cuento participó Paula Antão, que convirtió Salta-Folhinhas en un improvisado taller de calceta, con lanas de colores. En Papa-Livros, Adélia Carvalho escenificó con títeres este relato rimado.

    Lee mas »
  5. TOÑO NÚÑEZ PRESENTA 'MAGO GOMA' EN LPS

    lToño Núñez, autor de "Mago Goma", foi o protagonista da sesión de animación á lectura en Libros para Soñar

    O profesor e escritor lucense Toño Núñez foi o invitado especial na sesión de animación á lectura de LIBROS PARA SOÑAR. O autor presentou o seu último libro, “Mago Goma”, ilustrado por Adrià Fruitós; un relato rimado sobre un personaxe divertido, entrañable e excéntrico. Un mago que, malia parecer algo tolo, o único que quere é facer felices aos nenos e nenas, porque só así é feliz el. Acompañouno o músico Xoan Carlos Vázquez, do cuarteto Caramuxo, que puxo a nota musical ao conto. Toño Núñez imparte clases de Lingua e Literatura no Instituto de Educación Secundaria de Palas de Rei (Lugo). Pola súa obra literaria recibiu, entre outros galardóns, o segundo premio Ánxel Fole de narrativa. Tamén é autor doutros libros infantís, como “Amores de gato e rato”, editado por KALANDRAKA.

    --------------------------------------------------

    El profesor y escritor lucense Toño Núñez fue el invitado especial en la sesión de animación a la lectura de LIBROS PARA SOÑAR. El autor presentó su último libro, “Mago Goma”, ilustrado por Adrià Fruitós; un relato rimado sobre un personaje divertido, entrañable y excéntrico. Un mago que, pese a parecer un poco loco, lo único que quiere es hacer felices a los niños y niñas, porque solo así es feliz él. Le acompañó el músico Xoan Carlos Vázquez, del cuarteto Caramuxo, que puso la nota musical al cuento. Toño Núñez imparte clases de Lengua y Literatura en el Instituto de Educación Secundaria de Palas de Rei (Lugo). Por su obra literaria recibió, entre otros galardones, el segundo premio Ánxel Fole de narrativa. También es autor de otros libros infantiles, como “Amores de gato e rato”, editado por KALANDRAKA.

    Lee mas »
  6. PRESENTACIÓN DE "MAGO GOMA" EN LPS-VIGO

    O autor Toño Núñez presenta "Mago Goma" este venres en LIBROS PARA SOÑAR
    Lee mas »
  7. FESTA DE DISFRACES EN LIBROS PARA SOÑAR

    Festa de Entroido celebrada en LIBROS PARA SOÑAR (Vigo, febreiro 2010)

    Dúas bravas corsarias están á fronte da nave pirata de LIBROS PARA SOÑAR nestes días de Entroido: Sandra e Carmela foron as anfitrionas da festa de disfraces celebrada na libraría infantil do Casco Vello vigués. Con elas, a sesión de animación lectora encheuse de pequenas flamencas e princesas, de espadachíns e vaqueiros. Tamén houbo un obradoiro de maquillaxe para que todos luciran a mellor caracterización acorde ao vestiario dun día tan especial.

    Lee mas »
  8. ENTROIDO | CARNAVAL en LPS

    Festa de Entroido en LIBROS PARA SOÑAR

    LIBROS PARA SOÑAR | r/ Triunfo, 1. Vigo | 986 43 37 68 | lps@kalandraka.com

    Lee mas »
  9. PROGRAMACIÓN DE 'LIBROS PARA SOÑAR' EN VIGO

    Programa de actividades de LPS para o 1º trimestre do ano

    LIBROS PARA SOÑAR retomará mañá as súas actividades de animación á lectura, coa primeira sesión de contos para bebés de cero a tres anos de idade. Será a partir das 17:30 horas e repetirase quincenalmente os mércores 10 e 24 de febreiro, e 10 e 24 de marzo, á mesma hora. Febreiro e marzo depararán, ademais, outras moitas e moi agradables sorpresas...

    ---------------------------------------------------------

    LIVROS PARA SONHAR retomará amanhã as suas actividades de animação à leitura, com a primeira sessão de contos para bebés dos zero aos três anos. Será a partir das 17h30 e a sessão repetir-se-á quinzenalmente nas quartas-feiras 10 e 24 de Fevereiro, e nas de 10 e 24 de Março, à mesma hora. Em Fevereiro e Março haverá, além disso, muitas mais e também muito agradáveis surpresas.

    Lee mas »
  10. LIBROS PARA SOÑAR RECIBE MAÑÁ AO 'APALPADOR'

    Presentación da obra "Antón e o Apalpador" en LIBROS PARA SOÑAR

    O colectivo Barafunda Animación visitará LIBROS PARA SOÑAR mañá venres, a partir das 18:30 horas, para presentar o libro “Antón e o Apalpador”, unha obra de Manuel Castro e Mar Ameixeiras, con ilustracións de Francisco Ameixeiras. Trátase dun álbum infantil ambientado no tempo do Nadal sobre a figura dun personaxe tradicional orixinario das montañas do Courel. O Apalpador chegaba aos fogares dos nenos mentres durmían e, despois de apalparlles a barriga para comprobar que cearan ben, deixáballes castañas asadas e desexáballes que non pasaran fame.

    Lee mas »
Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar la experiencia de navegación, y ofrecer contenidos y publicidad de interés. Para obtener más información, consulta nuestra Política de Cookies. Puedes configurar o rechazar las cookies pulsando en el botón configurar cookies.