Presentación ao profesorado da XVI Campaña de Animación á Lectura de Santiago.

Docentes dos 52 centros escolares que participan na XVI Campaña Municipal de Animación á Lectura do Concello de Santiago participaron na presentación das actividades, cunha visita guiada á exposición de ilustracións e instalacións artísticas, na que se narraron algúns dos "Contos para despois da chuvia" -lema desta edición- que forman parte da bibliografía.

...Dende "Despois da chuvia", de Miguel Cerro, cuxas imaxes articulan a mostra gráfica; ata "O artista que pintou un cabalo azul", de Eric Carle, que se enmarca na recreación do estudio artístico onde se contextualizan as ilustracións de Xosé Cobas para o libro-disco "Cadros dunha exposición"; pasando por "A que sabe a lúa?", de Michael Grejniec, sobre a mesma temática que as imaxes da autora de "A lúa de Xoán", Carme Solé Vendrell; ou "Balea", na sala onde remata a exposición cunha proxección do proceso de creación do libro despregable creado por Federico Fernández e Germán González Pintos.

A XVI Campaña de Animación á Lectura complétase con obradoiros escolares de ilustración e de plástica creativa, ademais de actividades abertas ao público familiar. A próxima, o xoves 14 de abril coa charla-encontro coa ilustradora Carme Solé, co lema "O oficio de ilustrar", ás 18:30 horas na Galería Sargadelos.

Seguiralle unha sesión dobre de contacontos para bebés, o sábado 23 de abril ás 11:30 horas e ás 12:30 horas. Cómpre inscrición previa, contactando co Departamento de Educación do Concello de Santiago.

Presentación ao profesorado da XVI Campaña de Animación á Lectura de Santiago.

Presentación ao profesorado da XVI Campaña de Animación á Lectura de Santiago.

Presentación ao profesorado da XVI Campaña de Animación á Lectura de Santiago.

["Teño uns pés perfectos", de María Solar e Gusti, cuxas ilustracións se expoñen no acceso ao Edificio Sargadelos]

Presentación ao profesorado da XVI Campaña de Animación á Lectura de Santiago. http://bit.ly/1qv2qse

Presentación ao profesorado da XVI Campaña de Animación á Lectura de Santiago.

["Despois da chuvia", de Miguel Cerro]

Presentación ao profesorado da XVI Campaña de Animación á Lectura de Santiago.

Presentación ao profesorado da XVI Campaña de Animación á Lectura de Santiago.

Presentación ao profesorado da XVI Campaña de Animación á Lectura de Santiago.

["A qua sabe a lúa?", de Michael Grejniec]

Presentación ao profesorado da XVI Campaña de Animación á Lectura de Santiago.

Presentación ao profesorado da XVI Campaña de Animación á Lectura de Santiago.

Presentación ao profesorado da XVI Campaña de Animación á Lectura de Santiago.

Presentación ao profesorado da XVI Campaña de Animación á Lectura de Santiago.

["O artista que pintou un cabalo azul", de Eric Carle]

Presentación ao profesorado da XVI Campaña de Animación á Lectura de Santiago.

["Balea", de Federico Fernández e Germán González Pintos]