Soños á beiramar

Unha divertida xornada de xogos e confidencias entre dúas amigas que comparten sentimentos e emocións.

Unha tarde de final de verán, Tainá convidou a Luana, a pequena veciña que acaba de chegar á vila, a xogar co seu papaventos na beira do mar. Nun espazo acaído para xogos e confidencias, no que se percibe a sensación de liberdade, as evocacións do vivido, a saudade e a percepción das ausencias contribúen a que a súa amizade se fortaleza.

Unha misteriosa mensaxe atopada nunha botella, aínda por descifrar, axudará a entender que, ás veces, os soños poden cumprirse.

Un relato expresado artisticamente cunha combinación de cores suaves que transmite con transparencia a intensidade da luz branca e os tons azuis dese océano compartido que se perde no horizonte.
Leer más
Leer menos
14,00 €