Realidades e horizontes da educación en Galicia
Libro-homenaxe á traxectoria do profesor Antón Costa Rico, no que se pretende ofrecer unha mirada panorámica sobre cuestións fundamentais do desenvolvemento educativo no noso país.
«Realidades e horizontes da educación en Galicia» amosa cuestións e reflexións trazadas a partir dalgúns apuntes históricos, afrontando problemas socio-educativos e escenarios de formación que atinxen á cidadanía, ben dende as comunidades educativas, como técnicos e investigadores no eido pedagóxico ou como parte da sociedade. Con esta ollada reflexiva preténdese contribuír a consolidar un foro público deliberativo para un mellor desenvolvemento educativo.
Tralo limiar dos coordinadores, os catedráticos José Antonio Caride e Jesús Rodríguez, a obra reúne as achegas de 56 profesoras e profesores das tres universidades galegas e dos distintos niveis educativos, xunto con técnicos deste ámbito. Estrutúrase en tres partes que agrupan sete textos cada unha.
Con carácter histórico, «Pasado e presente da nosa educación» trata os procesos pasados da escolarización, a fin do franquismo e da Transición, a lexislación, as comunidades escolares, reflexiona sobre o ensino e o mundo rural, a importancia da literatura infantil e xuvenil, e a problemática da galeguización do sistema educativo. «Novos retos e desafíos» analiza os problemas cotiás dos procesos educativos, a inclusión, a formación do profesorado, a Educación Social ou a intervención da Administración local, ademais de expor as eivas do sistema ante a dixitalización e a Intelixencia Artificial. Atendendo asuntos con menos repercusión sociolóxica e política, «Sen fronteiras para a educación» expón temas como a educación integral, a cultura da paz, a educación interxeracional ou o valor da natureza na formación humana.
Esta obra, na que colabora o grupo de investigación en Pedagoxía Social e Educación Ambiental (SEPA-Interea) da Universidade de Santiago, réndelle unha homenaxe á traxectoria do profesor Antón Costa Rico, Catedrático xubilado de Historiada Educación
na USC. Durante máis de catro décadas foi docente, investigador, impulsor e organizador, tamén no plano institucional, nun continuo servizo á causa do desenvolvemento educativo. Seu é o epílogo titulado «A nosa educación: o escenario, estudos, programas e retos» no que aboga por procurar os instrumentos que axuden a avanzar no horizonte da “nova educación galega”.