Plasticus maritimus, una especie invasora
Cada hora que pasa, mil toneladas de plástico acaban en los océanos. ¡El equivalente a un camión lleno de plástico por minuto! Porque es artificial, invasora, contaminante y tiene una vida muy larga, esta 'especie' merece tener los días contados.
Se os peores prognósticos se cumprisen, en 2050 o peso do plástico nos océanos superaría o dos propios peixes; non en van, calcúlase que uns 8 millóns de toneladas dese material -do cal a metade é dun só uso- acaban cada ano no ecosistema mariño. Este libro é unha guía que presenta a ficha científica desa “especie invasora” que urxe erradicar. A autora e promotora do proxecto «Plasticus maritimus», Ana Pêgo, medrou á beira dunha praia, observando, aprendendo e apreciando a súa biodiversidade, forxando a activista na que se converteu como beachcomber nunha rede internacional de expertos que axudan a identificar os plásticos recollidos. Dende os obxectos nos que queda atrapada a fauna mariña ou intoxicada pola súa inxesta ata os microplásticos de menos de 5 mm. que se introducen na cadea trófica, esta obra alerta sobre un tipo de contaminación que xa formou a súa propia illa no Pacífico.
Ademais de cuestionar certas ideas sobre a reciclaxe, ofrecer consellos para facer unha saída á praia, sinalar os elementos máis comúns e os máis perigosos de cantos abundan ou destacar exemplos de boas prácticas no mundo na loita contra o plástico, este libro resume en 7R’s as medidas necesarias para xerar conciencia social e actuar.
Co apoio de Isabel Minhós nos textos, a obra complétase coas ilustracións de Bernardo Carvalho, que sorprenden pola súa sinxeleza e efectismo: debuxos con lapis de cores, de chamativo cromatismo e feitura esquemática.

Colección: Ciencia
Edad recomendada: A partir de 8 años
Páginas: 176
Tamaño: 15 x 21
ISBN: 978-84-1343-017-1
Premios : PLAN NACIONAL DE LECTURA (PORTUGAL)
MENCIÓN HONORÍFICA EN LA FERIA DEL LIBRO DE BOLONIA 2020
PREMIO BD AMADORA AL MEJOR DISEÑO 2019 (PORTUGAL)