Pelos e plumas
Un libro de tea perfecto para iniciar o hábito da lectura e fortalecer o vínculo co bebé, ao tempo que se adquire un vocabulario básico relacionado cos animais da granxa.
Elaborado con tea de alta calidade, suave e agradable ao tacto, con costuras e bos remates. O seu tamaño é practico e manexable para as manciñas dos bebés, que na primeira páxina atopan xa unha textura sonora que invita a observar, pescudar e xogar no interior, esponxoso, dúctil e nada ríxido para favorecer a exploración, tamén coa boca. Por iso trátase dun material non tóxico e lavable que, ademais, é resistente ás rozadas, ás rachaduras e, por tanto, resulta seguro e duradeiro.
Un can é o primeiro dos oito animais domésticos que habitan en «Pelos e plumas». Como indica o título, son aves e mamíferos de distintos tamaños e especies, moi comúns nas granxas e no medio rural. Imitar o son que emiten ou xesticular coma eles son formas simples de interactuar cos meniños, co libro como canle de comunicación.
Precisamente, son figuras trazadas con perfís grosos de cor negra sobre fondos neutros para facilitar a identificación visual. Predomina unha gama cromàtica equilibrada: uns sinxelos elementos vexetais permiten contextualizar cada espazo. Cos nomes dos animais impresos en letras maiúsculas, este libro tamén axuda a iniciar o hábito da lectura e fixa a adquisición de vocabulario básico.
Cun xeitoso contedor de cartón, «Pelos e plumas» marca a diferenza cunha proposta orixinal, lúdica e versátil, que xoga coa expresividade das ilustracións e potencia a estimulación sensorial e a psicomotricidade fina dos cativos.
Más información sobre el libro
- Colección
- Libros de tela
- Edad recomendada
- A partir de 0 años
- Páginas
- 8
- Tamaño
- 13 x 13
- ISBN
- 978-84-1343-423-0