P de papá

Minhós, Isabel Carvalho, Bernardo P. Traducción: Ballesteros, Xosé

Un pai é quen de transformarse nas cousas máis incribles para favorecer a relación cos seus fillos: tractor, colchón, espertador, guindastre... Os afectos e o xogo visualízanse neste libro que transmite tenrura.

Un pai é quen de transformarse nas cousas máis incribles: tractor, colchón, espertador, guindastre... Un libro que se achega á relación de complicidade entre pai e fillo, e que invita a ambos os dous a descubrirse xuntos e a estreitar os lazos da súa relación familiar ao paso de cada páxina. Texto e imaxe, perfectamente trenzados, tecen un xogo de afectos e de afinidades entre adulto e neno. Dende o punto de vista artístico, o libro aposta por unha poética da suxestión, animando o lector a descubrir o sentido de cada escena, con deseños esquemáticos, sinxelos e parcos en cores, nos que a letra se integra na ilustración.

“P de papá” foi galardoado en 2008 cunha Mención de Honra no Premio aos Libros Mellor Deseñados do Mundo, promovido pola Book Art Foundation.
Leer más
Leer menos
14,00 €