Os libros e a beleza. Somos animais Poéticos

Unha reflexión imprescindible sobre a importancia da arte e da literatura, da beleza como feito fundamental e da necesidade do “inútil”.

Prólogo de Daniel Goldin

Ilustración de cuberta de Pablo Otero

Unha reflexión imprescindible sobre a importancia da arte e da literatura, da beleza como feito fundamental e da necesidade do “inútil”. Este volume reúne cinco ensaios da antropóloga francesa escritos orixinalmente como conferencias. Tomando como punto de partida dúas teses -a beleza como necesidade universal para o ser humano e a nosa condición de seres poéticos a quen o meramente útil nos resulta insuficiente-, Michèle Petit nos convida á reflexión. Un libro que defende o poder da beleza para transformar as peores experiencias en tempos tráxicos; que denuncia as dificultades da transmisión cultural, sobre todo, no exilio e a súa consecuente “desintonización” social; que nos lembra que estamos formados por paisaxes interiores, así como a nosa necesidade de habitar espazos soñados e imaxinados; que nos fala sobre como redescubrir os nosos soños a través da literatura, sobre esas casas de pensamento que son as bibliotecas e tamén sobre a lectura en tempos de pandemia.
Leer más
Leer menos
16,00 €

Más información sobre el libro

Colección
Teoría
Edad recomendada
Lectores expertos
Páginas
216
Tamaño
15 x 21,5
ISBN
978-84-1343-255-7

Muestras