O pequeno león
Un relato entrañable e comprometido narrado coa mestría de Jacques Prévert e a mirada única da gran fotógrafa Ylla.
Jacques Prévert e Ylla crearon «O pequeno león» en 1947, cando os libros de fotografía para nenas e nenos eran moi escasos. Foi a primera obra infantil do escritor francés, a petición da retratista húngara para publicaren no selo Arts et Métiers Graphiques. Como Prévert non quixo facer un relato didáctico e moralista, senón comprometido coa defensa da liberdade e da natureza, coa reflexión arredor do comportamento humano e animal, os editores decidiron modificar o seu texto, suprimindo ata trece pasaxes, o que motivou a protesta do autor a través dunha carta. Trátase tamén dun libro pola memoria histórica: en 1948 publicouse en París unha primeira tradución ao eúscaro a petición do Goberno vasco no exilio para as fillas e os fillos dos represaliados.
«O pequeno león» é a historia dun animal nacido en catividade que soña con descubrir a selva da que tantas veces lle falou a súa nai. Aproveitando un descoido, o leonciño foxe pero axiña se perde na cidade. Un neno acólleo no seu fogar, onde coñece os animais domésticos. Pero a vida dos humanos parécelle monótona e a aventura que emprendera con ilusión, resúltalle decepcionante. Finalmente é nos seus soños onde o cachorro de león descobre as marabillas que imaxinara a través dos contos. Na súa volta ao zoo, o leonciño cóntalle ao seu irmán as aventuras que vivira, mais mesturando o real co onírico.
As fotografías de Ylla, tenras, entrañables e de aparente sinxeleza, diríxíanse a nenas e nenos de curta idade, capaces de identificarse co protagonista e emocionarse ante a súa fraxilidade.
Más información sobre el libro
- Colección
- Clásicos contemporáneos
- Edad recomendada
- A partir de 5 años
- Páginas
- 36
- Tamaño
- 22 x 28
- ISBN
- 978-84-1343-378-3
Muestras

