O pequeno indio

Alcántara, Ricardo Gusti Traducción: Xosé Ballesteros

Ninguén como o pequeno Brais rastrexa, corre e domina mellor o arco e as frechas. Só a voz atronadora de mamá é capaz de borrar dun plumazo as aventuras no lonxano Oeste. Imaxinación, xogo e humor asegurados.

A imaxinación desbordante da infancia reflíctese en «O pequeno indio », que remite a outro clásico dos mesmos autores, «O pirata valente». Nesta ocasión, as aventuras de Brais ambiéntanse no lonxano Oeste a través da estética das icónicas películas de indios e vaqueiros. O protagonista volve amosar a súa ilimitada capacidade para converter calquera obxecto no penacho de plumas máis impoñente, na montura máis veloz, no arco máis certeiro… O humor é unha característica esencial nesta serie de libros de Ricardo Alcántara e Gusti, especialmente cando a voz atronadora da mamá interrompe de xeito inesperado as fazañas do intrépido neno. Unha vez máis, a importancia do xogo está presente nesta divertida historia. As enxeñosas rimas invitan -sen saír da casa- a explorar a estepa seguindo rastros, cabalgando ou navegando en canoa. Tamén aquí, as peripecias do rebuldeiro Brais volven evocar o audaz Max de «Onde viven os monstros», de Maurice Sendak.

As ilustracións acompañan o dinamismo literario con trazos áxiles e irregulares que presentan o protagonista en plena acción. Destaca a habilidosa e expresiva proposta para reflectir o tránsito da ficción á realidade que, lonxe de truncar o ritmo do relato, refórzao en intensidade e simpatía.
Leer más
Leer menos
12,00 €