O nacemento do dragón
Esta obra bilingüe galego-chino mandarín, que conxuga literatura, caligrafía e ilustración, conta a orixe desta criatura mítica, creada en tempo inmemorial polos nenos e nenas das diversas tribos chinesas.
Mentres en Europa o dragón é un animal misterioso e de reminiscencias malignas, en Asia é sinónimo de paz. Esta obra bilingüe galego-chinés mandarín, que combina literatura, caligrafía e ilustración, conta a orixe desta criatura mítica, creada en tempo inmemorial polas nenas e nenos das diversas tribos da China. Os adultos, que veneraban os animais sagrados, tamén facían a guerra no seu nome. Ata que os nenos decidiron crear un ser que os arredara desa espiral bélica: co corpo da serpe silandeira e astuta admirada polos habitantes da meseta, coa cabeza do cabalo veloz coma o vento que protexía os xinetes, coas escamas do peixe escintilante honrado polos pescadores da beiramar, cos cornos do búfalo forte e traballador ao que enxalzaban os campesiños dos arrozais, e coas patas do paxaro libre e cazador louvado nas montañas, xurdiu un híbrido co que cada Aninovo chinés festexan a paz e a ledicia.
O libro complétase cun mural despregable que explica a técnica dos ideogramas e da escritura chinesa; no asesoramento da obra colaborou a profesora Claudia Berger, responsable de ensino de chinés moderno na Universidade de Xenebra. Na elaboración deste volume utilizouse papel obtido de bosques xestionados de maneira responsable, certificados de acordo coa normativa do Forest Stewardship Council.

Otros idiomas:
Colección: Álbum ilustrado
Edad recomendada: A partir de 3 años
Páginas: 40
Tamaño: 15 x 30
ISBN: 978-84-8464-445-3
Premios : SELECCIÓN DO MINISTERIO DE EDUCACIÓN (ARXENTINA) 2014