O homiño vestido de gris

Un homiño grisáceo, un espantallo bailarín, un bosque pétreo... ata oito relatos que forman esta gran obra clásica e que nos permiten reflexionar sobre a liberdade e a xustiza, a felicidade e os soños, a igualdade e a tolerancia.

“O homiño vestido de gris e outros contos” é un clásico publicado en 1978 que reúne oito relatos poéticos, co encanto e coa maxia de antano, para seguir emocionando os lectores do presente e do futuro. Fernando Alonso expón que, con imaxinación, pode haber máis dun final para unha historia e que os soños ás veces cúmprense. Tamén nos invita a facer unha reflexión sobre a utilidade e a beleza oculta dos obxectos; ou sobre a busca da felicidade e a súa conquista grazas ao esforzo colectivo. A liberdade está presente nas páxinas deste libro, xunto coa fantasía e coa ilusión. Advírtenos sobre a tiranía e defende a loita pola igualdade. Destas lecturas despréndese a importancia de combater a intolerancia, a inxustiza e o egoísmo, de volver á nenez e de gozar dos pequenos momentos para construírmos un mundo mellor. Acompañando os textos, as fermosas e sinxelas ilustracións de Ulises Wensell achegan frescura e dinamismo: caligrafías, escenas descritivas, detalles de obxectos e personaxes, e símbolos decorativos, completan a obra.
Leer más
Leer menos
15,00 €
Otros idiomas

Más información sobre el libro

Colección
7 Leguas
Edad recomendada
A partir de 8 años
Páginas
88
Tamaño
15 x 23,5
ISBN
978-84-8464-890-1
Premios
PREMIO LAZARILLO - 1977
Libro de interés infantil do Ministerio de Cultura - 1978
LISTA DE HONRA IBBY - 1980
Seleccionada pola Fundación Germán Sánchez Ruipérez como unha das cen obras da LIX española do século XX