O día que Úrsula Mon se converteu en oso

García, Ester Rodríguez, Mónica Traducción: Soto, Isabel

Unha novela emocionante e conmovedora sobre a procura da identidade, a superación e o vínculo profundo entre o ser humano e a natureza.

«O día que Úrsula Mon se converteu en oso» é unha novela emotiva e magnética que transcorre nas montañas do norte peninsular, cunha protagonista valente e fráxil, forte e vulnerable. Úrsula é unha nena diferente que forxou unha fortaleza especial para sobrelevar a ausencia da súa nai, a convivencia coa súa avoa e superar as dificultades de comunicación pola súa tartamudez. A súa infancia está marcada polas adversidades, os complexos e o rexeitamento na escola, que a levan a refuxiarse e a evadirse no bosque como unha criatura máis na liberdade da natureza, desenvolvendo unha habilidade única para entenderse coa fauna. Algo marabilloso cámbialle a vida: o encontro cun oso esperta nela unha conexión emocional tan intensa que buscar o reencontro con ese impoñente animal vólvese unha obsesión, desafiando mesmo as advertencias do garda forestal que, xunto coa nova mestra que chega á aldea, son das poucas persoas que a comprenden.

Cunha narrativa envolvente que atrapa e conmove, Mónica Rodríguez adéntrase na súa Asturias natal para crear este relato, unha viaxe persoal que comeza cando as pupilas da protagonista se funden coa mirada penetrante dun oso pardo. Aínda que diferentes, teñen en común que loitan por sobrevivir nunha contorna hostil e ameazante onde ambos os dous son presas de caza; no caso de Úrsula, sufrindo burlas e represalias das que se defende con ímpetu salvaxe.

Afincada tamén en terras asturianas, Ester García acompaña o texto cunhas espectaculares imaxes realistas, de gran detallismo, que destacan polo seu calado poético, a expresividade e a tenrura dos personaxes que representa.

Leer más
Leer menos
16,00 €

Otros idiomas: