O carnaval dos animais
Desde os animais de curral aos felinos, pasando polos seres acuáticos e os voadores. Toda a fauna do mundo reunida para celebrar o aniversario do Rei León ao ritmo das composicións de Camille Saint-Saëns.
«O carnaval dos animais» é unha suite en 14 movementos composta en 1886 durante unhas vacacións de Saint-Saëns nun pobo austríaco. Trátase dunha composición humorística –a modo de collage musical de obras do propio autor e de antigas cancións francesas ou pezas tan coñecidas coma o Can-can– pensada para interpretala nunha festa de carnaval, xa que os personaxes son animais diversos: leóns, tartarugas, elefantes, galiñas, canguros… Por desexo de Saint-Saëns, estreouse tralo seu pasamento e chegou a ser unha das súas obras máis exitosas. José Antonio Abad creou un texto literario cuxa lectura pódese acompañar coa audición dunha escolma das mellores interpretacións orquestrais, accesibles a través de códigos QR. O relato recrea o ambiente de solemnidade da celebración e describe a chegada dos invitados, conformando unha postal de biodiversidade na que non faltan elementos fantásticos. As ilustracións de João Vaz de Carvalho complementan o espírito lúdico deste libro, con figuras caricaturescas.
16,00 €
Otros idiomas
Más información sobre el libro
- Colección
- Arte y música
- Edad recomendada
- A partir de 3 años
- Páginas
- 36
- Tamaño
- 24,5 x 21,5
- ISBN
- 978-84-1343-064-5
Muestra


