Unha das obras musicais máis coñecidas no mundo convértese no relato dunha orquestra cuns intérpretes moi especiais que ofrecen un memorable concerto, cheo de luz e color.

O Bolero é a obra máis famosa e interpretada de Maurice Ravel, a quen llo encargou a bailarina e mecenas rusa Ida Rubinstein, icona da belle époque. Considerado un exercicio depurado de virtuosismo orquestral, estreouse en París en 1928, na Ópera Garnier. José Antonio Abad traza, a partir desta melodía, un engaiolante relato que, como as notas dunha partitura, vai presentando os músicos -con cadanseus instrumentos- dunha orquestra moi especial. As sorprendentes ilustracións de Federico Delicado -cuxos protagonistas son animais humanizados pertencentes a especies en perigo de extinción- transpórtannos a un escenario urbano como asistentes de luxo a un concerto memorable que, ademais de música, tamén nos envolve con luz e colorido.
Leer más
Leer menos
16,00 €

Más información sobre el libro

Colección
Arte y música
Edad recomendada
A partir de 3 años
Páginas
42
Tamaño
24,5 x 21,5
ISBN
978-84-1343-039-3