Non hai escapatoria e outros contos marabillosos

Bowley, Tim Villán, Óscar Traducción: Carlos Acevedo

Dez relatos sobre intrigas, amores, feitizos, aventuras, perigos... Lecturas audaces para traspasar as fronteiras da realidade.

Xunto con «O Rei Oso Branco e outros contos marabillosos», este libro -ilustrado igualmente por Óscar Villán- contén unha escolma dos mellores relatos do narrador Tim Bowley. Dez historias sobre amores, humores e avaricias protagonizadas por criaturas máxicas, personaxes solitarios ou membros da realeza; aventuras cheas de emoción e de tenrura, ou lendas terroríficas coas que viaxar por todo o mundo. As imaxes, descritivas e dotadas de sorprendentes efectos escénicos, anteceden cada texto e contribúen a crear o clima de lectura idóneo.
Leer más
Leer menos
15,00 €