Miña Guía, Meu Capitán

Emoción e beleza, o fondo amor entre un pai e unha filla, ou a capacidade para ver máis aló das limitacións visuais están presentes neste libro, que transmite a tenrura e a admiración entre os protagonistas.

Emoción e beleza, o fondo amor entre un pai e unha filla, ou a capacidade para ver máis aló das limitacións visuais están presentes neste libro. Porque vivir na escuridade ou ter un campo de visión reducido non ten por que impedir o desenvolvemento dunha vida plena que, como no caso destes personaxes, converte o traxecto á escola nunha aventura onde a cidade se transforma nunha selva con criaturas e sons fascinantes, ou un paso de peóns na ponte sobre un caudaloso río. «Miña Guía, Meu Capitán» transmite tenrura e admiración entre a nena e o seu pai porque necesítanse para camiñar seguros por un mundo máis habitable e fermoso, repleto de soños. Ademais do coidado mutuo, tamén reflicte os pensamentos da cativa, as súas dúbidas e a súa especial sensibilidade. Este texto de Gonzalo Moure, que combina a estrutura dialogada co relato introspectivo, transcorre nun escenario urbano cheo de luz e ledicia que María Girón coloniza con animais salvaxes, tenros e simpáticos, adorables compañeiros de camiñada que habitan na imaxinación da pequena protagonista.
Leer más
Leer menos
16,00 €

Más información sobre el libro

Edad recomendada
A partir de 6 años
Páginas
40
Tamaño
24,5 x 21,5
ISBN
978-84-1343-030-0
Premios
PREMIO FUNDACIÓN CUATROGATOS 2021