Lúa (Formato grande)
Para seguir recitando e cantando, agora co libro de gran formato para mediadores e docentes. A lúa e o sol, tan próximos e lonxanos, tecen versos e retrousos dende o ceo ata estas páxinas de cartón.
A colección Do berce á lúa está dirixida a nenas e nenos de 0 a 3 anos para quen se deseñaron especialmente estes pictogramas poéticos ou poegramas; un termo que designa unha modalidade de poesía pictográfica baseada na procura dun ritmo de lectura que axude a “educar o ollo e adozar o oído” dos pequenos lectores, en palabras do poeta Antonio Rubio. Esta nova edición de gran formato que mide 24x24 cm. -“Lúa” é o primeiro título dispoñible- é ideal para o seu manexo por parte de mediadores e docentes, mentres que a edición convencional de 16x16 cm. está dirixida ao público infantil. A obra do ilustrador Óscar Villán é totalmente artesanal, a base de pinceladas e tonalidades de color que permiten apreciar as texturas. A imaxe resalta sobre un fondo claro; o debuxo é sinxelo e recoñecible, co toque persoal do artista. Ante a menor importancia da grafía, as ilustracións adquiren toda a forza comunicativa: son facilmente lexibles, articúlanse de igual modo que as palabras, coas súas sílabas contadas. Dispóñense ao xeito dos versos, ordeadas, medidas, con ritmo e rima final; imaxes que poden ser lidas de forma autónoma dende idade temperá.
Cada título da serie Do berce á lúa é un poema completo, “un exercicio poético de gran sinxeleza e forza musical”. Así, as nenas e os nenos aprenden que se le de esquerda a dereita, de arriba a abaixo, e que o paso das páxinas é o devir dos versos.
14,00 €
Otros idiomas
Más información sobre el libro
- Colección
- De la cuna a la luna
- Edad recomendada
- A partir de 0 años
- Páginas
- 16
- Tamaño
- 24 x 24
- ISBN
- 978-84-8464-381-4
- Premios
- PREMIO PEQUEÑO DRAGÓN 2018 (LIBRARÍA EL DRAGÓN LECTOR)
Muestras
Muestra


