Ler o mundo

Petit, Michèle Traducción: Fernando Moreiras

Reflexión a favor da literatura e da arte para que formen parte da nosa vida cotiá; como camiño para crear un mundo máis habitable.

Ilustración de cuberta de PABLO OTERO

Michèle Petit fai unha reflexión a prol da literatura e da arte, en todas as súas formas, coa intención de que chegue a formar parte da nosa vida cotiá, especialmente na das rapazas e rapaces. «Ler o mundo» nace como un acto de rebeldía ao comprobar que a lectura estase a converter nun instrumento para conseguir rendabilidade inmediata, como se a utilidade fose a súa única razón de ser. Porque a literatura -oral e escrita- e a arte serven para que entre a realidade e cada persoa exista un tecido de historias, fantasías e coñecementos. Sen esa bagaxe, o mundo sería insoportable. Coa narración de experiencias entre os libros e as palabras, a autora desmonta prexuízos culturais infundados, incita a reflexionar e a intercambiar opinións.

Hai moitos anos que Michèle Petit imparte conferencias e talleres por todo o mundo achegando respostas e propostas ante preguntas recorrentes: Para que serve ler? Como transmitir o pracer da lectura? Cales son as estratexias para transmitir o gusto pola lectura e polas prácticas culturais? Que relación se establece entre a lectura en papel e os soportes dixitais? Nesta obra están as pegadas, sinais e mapas que permiten descubrir un novo espazo: o acto de ler como a creación dun mundo máis habitable.

O obxectivo, explica Michèle Petit, “é forxar unha arte de vivir o cotián que fuxa da obsesión pola avaliación cuantitativa; é chegar a compoñer e conservar un espazo distinto poñendo a énfase no xogo, o encontro poético, a curiosidade, o pensamento, a exploración de nós mesmos e do que nos rodea”.
Leer más
Leer menos
16,00 €

Otros idiomas: