Grisela
Imaxes coloristas e xoguetonas para esta sinxela fábula que trata sobre a importancia de ser un mesmo. Porque non importa tanto como nos vexan os demais, senón a nosa autoestima.
«Grisela» é unha fábula actual sobre a importancia de ser un mesmo, aceptándose cos defectos e coas virtudes propios de cada un. Cando se sinte mal a causa do seu aspecto, a ratiña protagonista proba a pintarse de varias cores pero nin de vermello, nin de verde, nin de amarelo, nin a raias, nin con flores consegue sentirse mellor. A causa do rexeitamento, que acentúa a súa tristura, son as burlas dos demais animais. Ata que un repentino contratempo lévaa a meterse na auga e daquela sucede que… Este sinxelo relato para primeiros lectores destaca tamén polo contraste entre estados de ánimo e emocións, xerando a empatía e a solidariedade do público. Na sociedad actual, tan mediatizada pola imaxe e polas aparencias, este álbum alenta reforzos positivos como a autoestima e a amizade, por riba do superficial.
O texto compleméntase con ilustracións expresivas que resaltan sobre fondos limpos. A composición visual combina a cor con aplicacións a lapis e papel, a modo de collage.
O texto compleméntase con ilustracións expresivas que resaltan sobre fondos limpos. A composición visual combina a cor con aplicacións a lapis e papel, a modo de collage.
Otros idiomas:
Colección: Obras de autor/a
Edad recomendada: A partir de 3 años
Páginas: 32
Tamaño: 22 x 22
ISBN: 978-84-8464-293-0