Grazas
A familia, os amigos, a veciñanza, os profesores e compañeiros...de cantas persoas aprendemos ao longo da nosa nenez!
Ter paciencia, valorar a disciplina e obedecer os maiores. Saber gañar e perder, integrarse nun equipo, practicar o compañeirismo. Saber escoitar e disfrutar do silencio, ir afrontando retos para perder os medos, ser prudentes e perseverantes. Apreciar a beleza dos momentos e das cousas que nos rodean… “Grazas!” é unha mensaxe en forma de álbum ilustrado dirixida a cantas persoas pasan pola nosa vida e contribúen á nosa educación, axudándonos a forxar a nosa maneira de ser e de actuar na sociedade: a familia, os amigos, a veciñanza, a escola...
Contado en primeira persoa con frases breves que describen situacións cercanas e cotiás, permite que os lectores se identifiquen con vivencias propias ou experiencias próximas. As ilustracións -a base de trazos soltos e cores luminosas que transmiten positivismo- reflicten escenas do fogar que transcorren no campo e mais na cidade, encontros con xente moi diversa coa que se interactúa día a día, espazos para a diversión e o xogo.
…Unha aprendizaxe que traspasará a nenez e durará toda a vida.
14,00 €
Otros idiomas
Más información sobre el libro
- Colección
- Obras de autor/a
- Edad recomendada
- A partir de 3 años
- Páginas
- 32
- Tamaño
- 22 x 22
- ISBN
- 978-84-8464-826-0
- Premios
- Los mejores libros para niños y jóvenes (Banco del libro de Venezuela) 2014
Recomendado pola Fundación Gulbenkian (Portugal)
Muestras
Muestra

