PRESENTACIÓN EN COMPOSTELA DE "CHÉVERE (1987 - 2022): 35 ANOS DE AXITACIÓN CULTURAL"

PRESENTACIÓN EN COMPOSTELA DE

O Grupo Chévere, Premio Nacional de Teatro 2014, presenta "Chévere (1987 - 2022), trinta e cinco anos de axitación cultural", o libro que abrangue a súa traxectoria a través das súas montaxes escénicas. 

O punto de encontro da presentación serán as salas de Zona C (Rúa do Preguntoiro, 1) onde se celebra a exposición "Materiais para un arquivo de cultura submarina: Sala NASA (1992-2011)", que reúne material gráfico relacionado coa traxectoria de Chévere, e onde se realizará unha visita guiada a partir das 18:00 horas.

A convocatoria continuará ás 19:00 horas na libraría Couceiro (Praza de Cervantes, 6) para presentar o libro, coas intervencións de Roberto Pascual, director da Mostra Internacional de Teatro de Ribadavia e docente na Escola Superior de Arte Dramática de Galicia, e de Patricia de Lorenzo, Miguel de Lira e Xesús Ron por parte do Grupo Chévere.

November 16 2022

Detalles

Comienzo: November 16, 2022, 6:00 PM
Fin: November 16, 2022, 8:00 PM
Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar la experiencia de navegación, y ofrecer contenidos y publicidad de interés. Para obtener más información, consulta nuestra Política de Cookies. Puedes configurar o rechazar las cookies pulsando en el botón configurar cookies.