PRESENTACIÓN EN CANGAS DE "CHÉVERE (1987-2022): TRINTA E CINCO ANOS DE AXITACIÓN CULTURAL"

PRESENTACIÓN EN CANGAS DE

"Chévere (1987-2022): trinta e cinco anos de axitación cultural" é unha autobiografía dialogada do grupo Chévere que vén de sumarse á Biblioteca de Teatro. O libro, que forma parte do #DesembarcoChévere co que a compañía celebra o seu trinta e cinco aniversario sobre os escenarios, presentarase o mércores 23 de novembro ás 19:30h. na sala SalaSon (Rúa Lirio, 30) de Cangas, coa participación de Patricia de Lorenzo e Xesús Ron, acompañados pola directora artística da Mostra Internacional de Teatro Cómico e Festivo de Cangas, María Armesto.

November 23 2022

Detalles

Comienzo: November 23, 2022, 7:30 PM
Fin: November 23, 2022, 8:30 PM
Dirección: Rúa do Lirio, 30. Cangas

Sede

Sala SalaSon

+ Google Map