MARÍA JOSÉ FLORIANO EN WELLS LIBROS (CANGAS)

MARÍA JOSÉ FLORIANO EN WELLS LIBROS (CANGAS)

A libraría Wells de Cangas (Praza do Arco, 5) acollerá este sábado 30 de setembro, a partir de las 12:30 horas, un encontro coa escritora e xornalista María José Floriano para presentar o seu novo libro, «Terra de ninguén». Publicado por KALANDRAKA con ilustracións de Federico Delicado, trátase dun impactante relato ambientado no poblado chabolista da Cañada Real, en Madrid, o suburbio de maiores dimensións de toda Europa. A autora conversará coa mestra María Rey para achegarnos a este relato comprometido e necesario, mostra da dimensión social que pode ter a literatura.

Precisamente, a través da ollada doce, sensible e creativa da infancia, María José Floriano crea un relato arredor da dura realidade de milleiros de persoas que habitan no núcleo desta extensa zona marxinal, unha de moitas que existen nos arrabaldes de vilas e cidades en calquera país do mundo. A autora dálles voz ás nenas e aos nenos excluídos da sociedade que sobreviven nesas duras condicións. O resultado é un texto audaz e oportuno, que visibiliza unha problemática enquistada dende hai anos.

Destaca a dimensión simbólica que teñen os protagonistas sobre a súa vida cotiá: xogando a oficios circenses en condicións de risco e perigosidade, ou interpretando en clave lúdica as actividades dos adultos, unhas como medio de subsistencia e outras á marxe da lei. Porque a pesar da falta de recursos, son nenas e nenos con resiliencia e esperanza que utilizan o pouco que teñen para desenvolver a súa imaxinación, e que proxectan os seus soños, emocións, dúbidas e ilusións.

As ilustracións realistas de Federico Delicado, cheas de detalles alegóricos, contrapoñen a linguaxe metafórica do texto con escenas que amosan o verdadeiro día a día neste territorio hostil.

September 30 2023

Detalles

Comienzo: September 30, 2023, 12:30 PM
Fin: September 30, 2023, 1:30 PM
Dirección: Praza do Arco, 5. Cangas

Sede

Wells Libros

+ Google Map