FEIRA DO LIBRO DE LUGO: PRESENTACIÓN CO GRUPO CHÉVERE

FEIRA DO LIBRO DE LUGO: PRESENTACIÓN CO GRUPO CHÉVERE

KALANDRAKA celebra o Día das Letras Galegas coa presentación do libro «Chévere, 35 anos de axitación cultural», que vén de recibir o Premio Follas Novas do Libro Galego 2023 na categoría de Iniciativa Cultural.  Será ás 20:00 horas na carpa de actividades, na Praza Maior, coa participación de Patricia de Lorenzo e Xesús Ron, do Grupo Chévere, acompañados polo director de cine lucense Jorge Coira.

Publicado na Biblioteca de Teatro de KALANDRAKA, «Chévere, 35 anos de axitación cultural» é unha autobiografía que, ao longo de trescentas páxinas, recolle toda a historia do grupo dende a súa creación en 1987. Ademais do diálogo entre as persoas que artellaron o núcleo estable da compañía -Miguel de Lira, Xesús Ron, Patricia de Lorenzo e Manuel Cortés-, tamén conta cun amplo apartado gráfico de fotos, imaxes de carteis e programas, documentación técnica, ademais dun epílogo escrito polo director da Mostra Internacional de Teatro (MIT) de Ribadavia e docente na Escola Superior de Arte Dramática de Galicia (ESAD), Roberto Pascual.

Canda esta obra tamén se presentará o primeiro cómic de Tristán Ron Ferreirós, «O Navegante: unha viaxe a bordo da Sala Nasa». Trátase dunha semblanza arredor dos vinte anos de actividade que se desenvolveron nese espazo de encontro cidadán, un escenario aberto ás novas expresións da sociedade creativa e un instrumento de axitación cultural que conectou Compostela con axentes intelectuais de moitos outros lugares. O autor reflicte nestas páxinas a súa ollada persoal -sendo un neno que medrou entre as paredes da Sala Nasa- mesturada con elementos fantásticos.

 

May 17 2023

Detalles

Comienzo: May 17, 2023, 8:00 PM
Fin: May 17, 2023, 9:00 PM
Dirección: Praza Maior, Lugo

Sede

Feira do Libro de Lugo

+ Google Map