FEIRA DO LIBRO DA CORUÑA: DAVID PINTOR CON "TARTARUGA VS. LEBRE"

FEIRA DO LIBRO DA CORUÑA: DAVID PINTOR CON

David Pintor asinará exemplares do seu novo traballo, «Tartaruga vs. Lebre, o desquite», este martes 1 de agosto a partir das 19:00 horas, na xornada inaugural da Feira do Libro da Coruña, que se celebrará ata o día 10 nos Xardíns de Méndez Núñez. O autor e ilustrador coruñés dedicará exemplares na caseta da libraría Lume tanto deste título como doutras obras súas publicadas por KALANDRAKA. Non será o único encontro con el, xa que o vindeiro venres día 4, ás 19:30 horas, participará na presentación deste libro, acompañado polo músico Paco Nogueiras.

«Tartaruga vs. Lebre, o desquite» é unha divertida e transgresora versión da coñecida fábula na que se descobre a verdadeira razón pola cal a tartaruga lle gaña a carreira ao animal máis veloz do bosque. Atribuída a Esopo e posteriormente reescrita por La Fontaine ou Samaniego, «A lebre e a tartaruga» é unha historia que na que perseveranza é capaz de vencer a arrogancia. David Pintor xoga con esta narración clásica, propoñendo un desenlace diferente. As ilustracións expresivas e próximas á linguaxe visual do cómic acentúan o sentido do humor deste álbum tan sorprendente.

Humorista gráfico, ilustrador e pintor, David Pintor ten recibido numerosos recoñecementos ao longo da súa traxectoria: os premios Andersen 2015 (Italia) e Nami Island 2013 (Corea), o premio da Society of News Design, o Pura e Dora Vázquez de ilustración, o Premio Internacional Clermont-Ferrand de cadernos de viaxe, o Premio Ilustrador do Ano Città del Sol e o 2º Premio da Feira do Libro de Sharjah (Dubai). Foi finalista dos CJ Picture Book Awards (2011) e figura na lista The White Ravens (2009, 2011 e 2014). Foi seleccionado en varias edicións da Bienal de Bratislava e da Feira Internacional de Boloña.

August 1 2023

Detalles

Comienzo: August 1, 2023, 7:00 PM
Fin: July 31, 2023, 9:30 PM
Dirección: Xardíns de Méndez Núñez

Sede

Feira do Libro da Coruña

+ Google Map