CULTURGAL: MURAL COLECTIVO NO STAND DE KALANDRAKA

CULTURGAL: MURAL COLECTIVO NO STAND DE KALANDRAKA

Dez artistas plásticos participarán nun mural colectivo que se realizará no stand de KALANDRAKA (nº 39) en Culturgal, o sábado 2 de decembro a partir das 12:00 horas, para celebrar os 25 anos da editorial. Alicia Suárez, Belén Padrón, Federico Fernández e Germán González, Marc Taeger, Óscar Villán e Pablo Otero serán os protagonistas dunha primeira fase que se desenvolverá ata as 14:00 horas e na que as ilustradoras e os ilustradores tamén asinarán exemplares dos seus libros ao público que se achegue.

O mural completarase con achegas posteriores de David Pintor o sábado a partir das 17:00 horas, Kiko da Silva o domingo a partir do mediodía, e Xosé Cobas o domingo dende as 17:00 horas.

Será unha oportunidade para que as lectoras e os lectores poidan ver en directo como se realiza unha obra de arte con diversos estilos, técnicas e materiais.

 

December 2 2023

Detalles

Comienzo: December 2, 2023, 12:00 PM
Fin: December 2, 2023, 2:00 PM
Dirección: r/ Alexandre Bóveda, s/n. Pontevedra

Sede

Culturgal: Recinto Feiral de Pontevedra

+ Google Map