CULTURGAL: CONTACONTOS ILUSTRADOS CON OLALLA GONZÁLEZ E MARC TAEGER

CULTURGAL: CONTACONTOS ILUSTRADOS CON OLALLA GONZÁLEZ E MARC TAEGER

O Espazo Infantil de Culturgal acolle o sábado 2 de decembro, a partir das 18:00 horas, unha sesión de contacontos ilustrados con Olalla González e Marc Taeger. A mestra e especialista en animación á lectura e mais o artista suízo son autores dos álbums «Garavanciño» e «Un máis», editados por KALANDRAKA. O primeiro é unha adaptación do coñecido conto tradicional, e o segundo trátase da historia dun coelliño que vai ter un irmán ou irmá.

Olalla González, ademáis, tamén adaptou «Chibos chibóns», ilustrado por Federico Fernández. Pola súa banda, Marc Taeger ten un amplo repertorio de obras para público infantil: o máis recente é «O elefante que perdeu o seu ollo», un conto tradicional camerunés adaptado polo narrador Boniface Ofogo.

Este título súmase obras como «A verdadeira historia de Carapuchiña», do folclorista Antonio Rodríguez Almodóvar, polo que recibiu os Premios Daniel Gil 2005 de ilustración e de deseño; «Aquiles o puntiño», con texto da autora italiana Guia Risari; os libro-discos «Extra!» de Paco Nogueiras e «Tic-Tac» de Pablo Díaz; e «Artur», un libro acartonado con texto de Xosé Manuel González Oli. Ademais de ilustrador, Marc Taeger tamén realiza traballos de deseño, pintura, escultura e arte gráfica que foron expostos en Francia, Alemaña, China ou Costa Rica, entre outros países.

Trala sesión de contacontos, Olalla González e Marc Taeger asinarán exemplares das súas respectivas obras no stand de KALANDRAKA (nº 39) a partir das 18:45 horas.

 

December 2 2023

Detalles

Comienzo: December 2, 2023, 6:00 PM
Fin: November 28, 2023, 6:45 PM
Dirección: r/ Alexandre Bóveda, s/n. Pontevedra

Sede

Culturgal: Recinto Feiral de Pontevedra

+ Google Map