BONIFACE OFOGO E MARC TAEGER PRESENTAN O SEU NOVO LIBRO EN BUEU

BONIFACE OFOGO E MARC TAEGER PRESENTAN O SEU NOVO LIBRO EN BUEU

«O elefante que perdeu o seu ollo» é o terceiro libro do narrador camerunés Boniface Ofogo no catálogo de KALANDRAKA, tras «O león Kandinga» e «A paso de tartaruga». Trátase de contos tradicionais africanos que veñen transmitíndose de xeración en xeración dende tempo inmemorial. O Centro Social do Mar (Rua Montero Ríos) de Bueu acolle o sábado 10 de febreiro a partir das 12:00 horas un encontro co autor, acompañado polo ilustrador desta nova obra, Marc Taeger, afincado la vila morracense. A libraría Miranda colabora na organización deste encontro para público familiar.

O protagonista da historia acostumaba a quitarse un ollo para xogar con el como se fose unha pelota. Un día lanzouno tan alto que acabou caendo ao río e, como non conseguía atopalo, perdeu completamente os nervios. Canto máis se axitaba, máis difícil lle resultaba encontrar o seu ollo, ata que unha nena que o observaba axudouno a dar coa solución. «O elefante que perdeu o seu ollo» aborda a importancia de manter a calma para afrontar situacións difíciles.

Boniface Ofogo procede dunha aldea do interior de Camerún. Estudou Filología Hispánica. Foi mediador intercultural no Concello de Madrid e, dende 2005, dedícase a percorrer escolas, bibliotecas e centros sociais relatando historias. É especialista en fábulas, lendas, mitos e tradicións da África negra. Ten actuado por toda España (Maratón de Contos de Guadalaxara, Fórum das Culturas de Barcelona, Festivais de oralidade de Jaca e y Elche) e numerosos países: Francia, México, Cuba, Brasil, Costa Rica, Colombia, Arxentina, Cabo Verde, Marrocos… Tamén é autor da novela «El imperio de los cautivos», primeira parte dunha triloxía que critica a figura da chamada FrançAfrique e a pervivencia dos grandes imperios.

February 10 2024

Detalles

Comienzo: February 10, 2024, 12:01 PM
Fin: January 26, 2024, 1:00 PM
Dirección: (Sala multiusos, 1º andar) Rúa Montero Ríos, Bueu

Sede

Centro Social do Mar, Bueu

+ Google Map