Edadrebil. 7 contos e 1 espello
Sete viaxes a través da fantasía que convidan a ler, mirar, xogar e imaxinar. Un canto á liberdade creativa, considerado na LIX como unha das mellores obras do século xx.
Publicado orixinalmente en 1980, “Edadrebil. 7 contos e 1 espello” é un canto á liberdade creativa e unha excelente maneira de iniciarse nunha literatura que se le e se xoga. Sete viaxes a través da fantasía que convidan á participación e estimulan a imaxinación e a intelixencia de lectoras e lectores Un can que se namora da lúa e non sabe ladrar, un home do saco sen nenos a quen asustar e unha familia que viaxa por unha autoestrada do tempo son algúns dos protagonistas destes relatos tan divertidos como transgresores e surrealistas que renovaron a narrativa infantil e xuvenil, e que seguen considerándose insólitos e atraentes hoxe en día. O volume péchase cunha historia que só pode descifrarse grazas ao espello que acompaña o libro.
As sublimes e vangardistas ilustracións de Miguel Calatayud son o complemento ideal, pola súa dimensión simbólica e o seu peculiar xogo xeométrico e cromático, paralelo ao literario. Os lectores deleitaranse con estas ilustracións imprescindibles que son o ramo desta obra, considerada na LIX como unha das 100 mellores do século XX.
16,00 €
Otros idiomas
Más información sobre el libro
- Colección
- 7 Leguas
- Edad recomendada
- A partir de 8 años
- Páginas
- 120
- Tamaño
- 15 x 23,5
- ISBN
- 978-84-1343-143-7
Muestra





