Cuspirei sobre as vosas tumbas
Historia sórdida, provocadora e desafiante, debedora da novela negra. A súa publicación, baixo pseudónimo, estivo marcada polo escándalo. De ritmo áxil, linguaxe suxestiva e directa, a intriga e a frialdade do relato atrapan a atención do lector, que verá posta a proba a súa sensibilidade en cada páxina. Ilustración de cuberta de MARC TAEGER
O relato da cruel vinganza contra unha sociedade opresora, excluínte e marxinadora cos individuos doutras razas, aos que considera inferiores. Seguindo un plan premeditado, o protagonista participará en orxías onde o sexo e a violencia son a reacción de rebeldía ás convencións morais da época. Boris Vian escribiu “J’irai cracher sur vos tombes” -obra sórdida, provocadora e desafiante, debedora da novela negra- en 1943. A súa publicación, baixo pseudónimo, estivo marcada polo escándalo, que aínda hoxe acompaña a súa lectura, non recomendada para menores de 18 anos.
De ritmo áxil, linguaxe suxerente e directa, a intriga e a dureza do relato atrapan a atención dos lectores e lectoras, que verán posta a proba a súa sensibilidade en cada páxina. Saltándose todos os límites do politicamente correcto, esta “historia dunha vinganza” aporta unha visión diferente e mordaz sobre o fenómeno do racismo, ao tempo que rezuma a rabia, o odio e a carraxe das súas vítimas.
13,00 €
Más información sobre el libro
- Colección
- Narrativa K
- Edad recomendada
- Lectores expertos
- Páginas
- 148
- Tamaño
- 14,5 x 21
- ISBN
- 978-84-96957-08-4
Muestras
Muestra



