Críctor

O mellor amigo do home non ten patas, nin pelo, nin ladra. É alongada, viscosa e de orixe africana. Esta boa chámase Críctor e todos a admiran.

Aplicando altas doses de orixinalidade e sentido do humor, Tomi Ungerer converte unha enorme serpe na fiel mascota dunha adorable anciá. “Críctor” resulta da insólita mestura entre o exotismo africano e a exquisitez da sociedade francesa decimonónica, aderezada con ironía e surrealismo. Este laureado clásico de 1963 conserva toda a súa frescura para seguir cativando a novas xeracións de lectores. Lonxe de atemorizar, Críctor é unha boa dócil que Ungerer humaniza e descontextualiza ata extremos sorprendentes, con ilustracións detallistas, salpicadas de suaves tons verdes: dende vestila e facela estudar no colexio, ata levala tomar un refresco ou pasear por un parque nevado. Un acto heroico convertiráa nun personaxe célebre e admirado por toda a cidadanía. Cunha pouca imaxinación, velaquí un firme candidato ao título de “mellor amigo do home”.
Leer más
Leer menos
16,00 €

Más información sobre el libro

Edad recomendada
A partir de 6 años
Páginas
40
Tamaño
20 x 28
ISBN
978-84-8464-764-5
Premios
LIBRO INFANTIL DESTACADO DE 1940-1959 (ALA)
LISTA DE HONRA FANFARE 1959 (The horn book)
SELECCIÓN A READING RAINBOW
PREMIO FESTIVAL DE PRIMAVERA DE LIBROS INFANTÍS 1958 (NY Herald Tribune)

Muestras