Celso Emilio Ferreiro. Escolma poética

Baldo Ramos presenta, a partir de cada poema, a súa visión persoal do que transmiten os versos; de estilo surrealista, formato caligráfico, unha mestura cromática na que contrastan negro, branco, vermello, amarelo, lila, granate...

Celso Emilio Ferreiro plasmou na súa obra poética o seu xeito de contemplar o mundo: comprometido, rebelde, crítico, mais tamén sensible, solidario, vangardista. Esta escolma reúne os versos máis senlleiros publicados en “Longa Noite de Pedra”, “Viaxe ao país dos ananos” e “Onde o mundo se chama Celanova”. Cada un deles pertence a unha época da súa vida: baixo a ditadura franquista, pola que estivo perseguido; no exilio, onde criticou a perda de identidade da colectividade galega no exterior; e a súa etapa en Madrid, onde a súa terra foi máis que nunca o seu punto de referencia vital.

Baldo Ramos presenta, a partir de cada poema, a súa visión persoal do que transmiten os versos; de estilo surrealista, formato caligráfico, unha mestura cromática na que contrastan negro, branco, vermello, amarelo, lila, granate... Poesía visual que FAKTORÍA K recomenda ler pausadamente, reflexionar, saborear... e contemplar placidamente sobre un atril para que o halo de misterio das trece lúas inunde o espírito do lector.
Leer más
Leer menos
16,00 €