Grande e pequena

Catalina Ledesma, Raquel Squilloni, Arianna Traducción: Manuela Rodríguez

Unha historia conmovedora de múltiples lecturas que aborda o paso do tempo, a memoria, a natureza, a arte e a inspiración.

«Grande e pequena» achéganos á vida, dende a infancia á vellez, dunha muller curiosa e creadora, libre e apoderada, sensible e auténtica; un apaixonante percorrido dende a súa casa natal no bosque ata a cidade, e de volta ás súas orixes. A arte —sempre inspirada na natureza— marcou a súa traxectoria e tamén dá alento a un home desamparado que se instala na súa casa cando a protagonista minguou tanto que ata a veciñanza esqueceu a súa existencia. 


A obra distinguida co XVIII Premio Internacional Compostela para Álbums Ilustrados destaca pola súa fondura poética e emotiva, o seu poder evocador e o seu carácter poliédrico: a vida, a memoria como curación, o paso do tempo, a soidade elixida, a natureza, o fogar, a resiliencia… Seguindo un fío cronolóxico e cun ton descritivo, o texto de Arianna Squilloni aborda tamén o día a día das persoas maiores; unha proposta literaria que, de forma audaz, introduce silencios narrativos onde —en ausencia de palabras— se potencia o relato visual. 


As ilustracións de Raquel Catalina —de trazos soltos e abosquexados realizados con lapis e augadas— envólvennos nunha atmosfera cambiante que vai dende a calidez dos escenarios domésticos á frescura dos espazos abertos. Son imaxes de gran lirismo e expresividade, cun uso contido da cor que contrasta co tratamento do branco e negro. Ademais de incluír numerosos detalles e pinceladas de humor, xogan coa diversidade de enfoques, planos, perspectivas e accións secuenciadas que acentúan o dinamismo da historia. 

Leer más
Leer menos
17,00 €