Tío Lobo

Un divertido conto de medo, da tradición do norte de Italia, de inesperado final. Unha proposta desenfadada e irreverente ilustrada con un estilo luminoso e brillantes xogos visuais que sorprenderán os máis pequenos.

Esta adaptación de “Tío Lobo” baséase nun conto tradicional italiano, da zona de Friol. Trátase dun texto politicamente incorrecto que introduce os primeiros lectores no xénero dos «contos de advertencia». Empregando un ritmo narrativo áxil e un ton divertido, a historia vai in crescendo ata desembocar nun final inesperado. Un relato moi recomendable para ser contado en voz alta (e en compaña). “Tío Lobo” foi o primeiro libro ilustrado por Roger Olmos, hai 14 anos. Nesta nova edición volve recrear as peripecias de Carmela nunha proposta desenfadada, cun estilo depurado e luminoso: óleos sobre papel con escenografías ricas en detalles e sorprendentes xogos visuais, onde o bosque toma a forma dunha tixola ou a cabeleira da protagonista se integra na paisaxe, entre outras brincadeiras que os lectores poderán descubrir.
Leer más
Leer menos
14,00 €