Ganapán das palabras
Anos despois da súa primeira edición, volve a historia das cinco palabras aventureiras que caen nun espello e se volven do revés. Pedra, cama, laranxa, lúa, pan...
		Este “Ganapán das palabras” é unha edición especial publicada co gallo do 18º aniversario de KALANDRAKA, para o que se recuperaron e renovaron os orixinais do libro, que data de 1998, ano de fundación da editorial. Pepe Cáccamo ofrécenos unha divertida historia rimada sobre cinco palabras aventureiras que caen nun espello e vólvense do revés. 
O autor xoga de forma suxerente coas palabras xa dende o propio título, que é un anagrama en A: “Ganapán das palabras”. A través da poesía e interpelando os lectores, o autor favorece que os nenos e as nenas xoguen coa rima, cos versos e cos inversos.
Aínda que se trata dun álbum recomendado para primeiros lectores, desta obra poética pódese gozar a calquera idade.
As ilustracións de María Xosé Fernández, de estilo ecléctico e vangardista, destacan polo seu carácter expresionista, os contrastes cromáticos e os xogos entre as formas e as letras.
	
                            Colección: Obras de autor/a
                                        Edad recomendada: A partir de 4 años   
                                        Páginas: 32
                                        Tamaño: 22 x 22
                                        ISBN: 978-84-8464-917-5
                    
                                         Premios : EDICIÓN ESPECIAL: KALANDRAKA, 18 ANOS (1998-2016)