Capitán Calabrote

Sebastián, Alberto Arbat, Carles Traducción: Maite García Telmo

O soño de todo gran pirata é retirarse, de maior, a unha illa afastada e solitaria. E iso é o que fixo o temible capitán Calabrote.

Hai piratas aos que as circunstancias fanlles esvaecer o seu pasado de falcatruadas para acabar converténdose en seres amables e de nobres sentimentos. Piratas nostálxicos como Calabrote protagonizan esta entrañable historia sobre a posibilidade de emprender un novo rumbo vital; unha celebración da amizade e do afecto, por contraposición a un futuro en soidade e ancorado nas lembranzas. Pola sinxeleza da narración, con frases breves e descritivas, trátase dun texto asequible para primeiros lectores que destaca pola sucesión de accións cheas de misterio e de emoción. Tamén interpela o público presentando conflitos de valores: reincidencia ante comportamentos reprobables, remordemento, arrepentimento, rectificación...

A illa onde transcorre este relato é unha recreación plástica da natureza como espazo mítico de aventuras e escenario de liberdade: o dinamismo do mar, a expresividade dos personaxes, a frondosidade do bosque e os acenos humorísticos completan a obra, moi elaborada a nivel plástico.
Leer más
Leer menos
14,00 €

Otros idiomas: