"SOÑO DUNHA SOMBRA", DE XOSÉ COBAS, NA LECTURA DE MARÍA XOSÉ BRAVO
Dende as mesmas gardas deste libro sen palabras, «Soño dunha sombra» parte dunha negrura absoluta que se vai abrindo camiño cara á luz que ilumina unha porta, dirixindo progresivamente as lectoras e os lectores ao interior dunha vivenda antiga, silenciosa e habitada tan só por unha pega que, de xeito puntual, se asoma na claridade ou na penumbra das estancias. “A ave representa todas as ausencias. É o vínculo entre o aquén e o alén. E tamén encarna a lóxica que pauta a vida na casa do Soño dunha Sombra: a lóxica do asombro”, precisa Manuel Rivas nun vibrante epílogo a modo de reflexión entre a filosofía existencial, a análise pictórica e a inspiración literaria.
Canda Xosé Cobas e Manuel Rivas, a presentación da obra nun abarrotado salón de actos do Kiosco Alfonso da Coruña contou coa participación do debuxante Miguelanxo Prado e da docente María Xosé Bravo. Velaquí a súa lectura desta obra tras un proceso de doce anos de creación nos que o seu alquimista ten nutrido estas páxinas con referencias tan selectas como «O eloxio da sombra» do novelista Junichiro Tanizaki, a obra dos pintores hiperrealistas Richard Estes e Jean-François Millet, a melancolía de Edward Hopper, o impresionista Claude Monet, a escola flamenga ou os tenebristas barrocos, alén das influencias cinematográficas ou ata da linguaxe do cómic.

Benvidas, amigas e amigos, a este espazo do Kiosco Afonso que no ano 2017 deu acubillo a aquela exposición que levaba por título A Ilustración compartida: exposición antolóxica de ilustración de Xosé Cobas.
E nesa exposición xa puidemos gozar dalgún destes óleos. TEMPO e LUZ, titulábao daquela Cobas, porque disto fala este traballo: de TEMPO, desa casa construída con lembranzas e soños, onde cada recuncho garda segredos; e de LUZ, dunha luz esquiva que se nos amosa como promesa.
SOÑO DUNHA SOMBRA convócanos hoxe aquí, mais este álbum non fala de tebras porque non hai nada de tenebroso nos negros de Xosé Cobas. Non é a negra sombra o que aquí se nos amosa; é máis ben a penumbra, o misterio, a calma serea de claroscuros á que nos convida a entrar. Traspasar o limiar por curiosidade, para gozar do lirismo, da transparencia dos grises, dos negros de Xosé Cobas. Si, a transparencia dos negros, o contraste de luz e escuridade que nos acompaña no paseo pola casa, que é fogar, que é cuarto, que é teito sobre as nosas cabezas, que é o chan sobre o que descansar os pés... E claro, tamén xanelas que iluminan a vida coa súa luz.
Na obra de Xosé Cobas, desde sempre, hai gran presenza da arquitectura. Por iso esta obra que se fixo moi de vagar, unha ducia de anos, é unha homenaxe aos espazos vividos, mais tamén á luz filtrada e ás sombras que a acompañan.
SOÑO DUNHA SOMBRA fálanos tamén desa dualidade entre o interior e o exterior, e convídanos a abrir a porta principal da casa e traspasar ao seu interior. Imos entón entrar, abrir este libro e gozar con ese contraste en equilibrio permanente entre as sombras e a luz, na vida que intuímos nos espazos compartidos, mais tamén nas figuras: neste caso unha pega, unha flor que alguén colocou aí...
É precisamente nesa procura da luz onde Cobas, coma tantos artistas antes que el, atopa a linguaxe que mellor expresa o inexpresable. A nai do modernismo americano, a artista Xeorxia O'Keeffe, dicía nunha entrevista: "Descubrín que podía dicir cousas con cores e formas que non podía dicir doutra maneira, cousas para as que non tiña palabras".
Hai moito talento neste álbum. Hai nas imaxes luminosidade, mais hai sombras, hai serenidade e hai dinamismo... e alí ao fondo a luz lonxana que é faro, que é guía, que é promesa. É unha casa habitada pola luz e polas sombras, mais eu presentín que hai tamén lugar para o descanso e a tranquilidade. Pinceladas que narran, que crean texturas, atmosferas...
Este talento leva máis de corenta anos de oficio pulíndose. Desde aquela primeira mostra individual de pintura en 1977, pasando polos seus anos de ilustración en La Voz de Galicia, até chegar a ser un dos ilustradores de referencia da literatura infantil e xuvenil en lingua galega. Máis de cen libros, colaboracións cos mellores escritores do país, premios como o Fetén, o Isaac Díaz Pardo, o Neira Vilas, seleccións na Bienal de Bratislava e na lista White Ravens... Un longo camiño ten percorrido Xosé Cobas até aquí, creando cos mellores escritores e escritoras unha obra conxunta, nacida dun texto literario e unha obra de ilustración que se habían de fundir para construír unha peza única nunha simbiose perfecta.
De sempre as obras de Cobas estiveron cheas de enerxía, mais tamén de complicidade. A súa man experta soubo crear, xunto a Xabier P. DoCampo, algunhas das obras máis fermosas da nosa literatura ilustrada. Aquel libro marabilloso De cores e de amores, onde xuntos expoñían a teoría da cor dun modo tan fantástico que xa lle oín dicir a moitos artistas que era o tratado máis soberbio sobre cor que nunca viran. Mais tamén colaboraron na revista Golfiño, ou no filme A casa da luz... E Xabier soubo ver o que Cobas facía: empregar as súas metáforas como instrumentos que expanden o texto literario, como un músico que interpreta unha partitura, que outro compuxo, cunha sensibilidade propia e intransferible.
E é nesta capacidade de crear obras únicas, de fundir palabra e imaxe, onde Cobas se integra nesta mesa de creadores á que hoxe teño a honra de acompañar, os que edifican cada día co seu traballo A CORUÑA LITERARIA, ese soño de que algún día nos recoñezan que somos unha CIDADE DE LECTORAS E DE LIBROS. Autores que coa súa creatividade constrúen, con palabras e con imaxes, os alicerces, as raíces que se alimentan da propia terra, mais tamén levantan as pólas ao aire para conceder sombra e froito a toda a humanidade como ese refuxio de horizontes, fermosísimo epílogo de Manolo Rivas.
Ese percorrido, de voces baixas, que comezamos hai xa catro anos na Agrupación Cultural Alexandre Bóveda, un traballo para sumar xentes e vontades para poñer un foco sobre todo o que A Coruña ten feito arredor do libro e a lectura. Unha historia para poñer unha luz sobre o feito no pasado, no presente e no que está por vir, porque queremos ser unha das Cidades da literatura do mundo. E nese relato sobre o que somos, a ilustración ten un papel protagonista desde o inicio: hai máis de 500 anos realizouse na Coruña un dos manuscritos iluminados máis exquisitos que existen, un dos manuscritos relixiosos máis importante da Idade Media: a Biblia Kennicott. Mais importante por qué, vos preguntaredes? POLO PAPEL PROTAGONISTA DA ILUSTRACIÓN.
Ilustrar, iluminar para facer un traballo único. Quero reivindicar aquí o Xosé Cobas ILUMINADOR.
Nese magnífico libro biográfico Cadernos de momentos, Cobas falaba dos seus inicios, eses debuxos na terra ou con xiz na beirarrúa, e di: "Debuxaba para a chuvia, era a auga da choiva a primeira lectora".
Escribía Martin Pawley, no Sermos Galiza do sábado pasado, da beleza dunha mancha de luz que se estende nun recanto, un pracer efémero que só está ao alcance de quen se detén a mirar, de quen se detén a ler... LER que é mirar e VER.
Xosé Cobas é un grande lector, como A Coruña é unha cidade lectora. Aquí as bibliotecas teñen máis socios que o Deportivo. Dicíao Manolo Rivas nese limiar para o libriño As luces dos libros na cidade do Faro: "Despois do DNI, o carné máis espallado na Coruña é o de persoa usuaria dunha das bibliotecas existentes na cidade. É un trazo, pois, de identidade. O de pertencer ao universo da lectura e do libro".
Luz e sombra, libros, lectoras, bibliotecas, tan queridas por Cobas e por Ánxeles, tan queridas por min.
SOÑO DUNHA SOMBRA cóntanos un espazo físico, si, mais aquí tamén se debuxa un outro mundo: o dos sentimentos e o dos afectos. A casa que se nos amosa fala de arraigamento, de seguridade, de esperanza, quizais tamén de perda dun pasado. O que non hai dúbida é que evoca sentimentos e é, polo tanto, lugar e refuxio emocional.
O filósofo francés Gastón Bachelard fálanos dos lugares da casa como un espazo de intimidade e memoria que ten unha unidade composta de lembranzas e soños. Non é só unha construción arquitectónica; é unha paisaxe vivida e comprendida, un territorio para protexer, un refuxio, un santuario secreto.
Quería rematar cunhas palabras do catálogo desa exposición antolóxica de hai 8 anos, de Teresa Duran i Armengol, escritora e ilustradora catalá, que dicía que chegaría o día en que Xosé Cobas, logo de tanto poñer en imaxes as narracións doutros, lle confíe a un editor intelixente un relato visual propio, persoal e intransferible, que non lle deba nada á creación narrativa dun autor que non sexa el mesmo; porque despois de moito ler vén o escribir ou, no caso que nos ocupa, o bosquexar relatos mestres cunha substancia narrativa que sexa a daquelas claridades, luces, sombras, perspectivas, figuras e espazos que lle son tan íntimos e queridos. Tempo ao tempo.
Aquí estamos celebrándoo. Parabéns a Xosé Cobas e a Kalandraka, OBRIGADAS. Festexemos esta xoia, mercándoo na libraría, agasallándoo, pedíndoo na nosa biblioteca... gozando do traballo artístico de quen fai da casa un estado da alma.

Desde las mismas guardas de este libro sin palabras, «Sueño de una sombra» parte de una negrura absoluta que se va abriendo camino hacia la luz que ilumina una puerta, dirigiendo progresivamente a las lectoras y los lectores al interior de una vivienda antigua, silenciosa y habitada tan solo por una urraca que, de modo puntual, se asoma en la claridad o la penumbra de las estancias. ““El ave simboliza todas las ausencias. Es el vínculo entre el aquí y el más allá. Y también encarna la lógica que rige la vida en la casa del Sueño de una Sombra: la lógica del asombro”, precisa Manuel Rivas en un vibrante epílogo a modo de reflexión entre la filosofía existencial, el análisis pictórico y la inspiración literaria.
Junto a Xosé Cobas y Manuel Rivas, la presentación de la obra en un abarrotado salón de actos del Kiosco Alfonso de A Coruña ha contado con la participación del dibujante Miguelanxo Prado y la docente María Xosé Bravo. Velaquí He aquí su lectura de esta obra, que culmina un proceso de doce años de creación en los que su alquimista ha nutrido sus páxinas con referencias tan selectas como «El elogio de la sombra» del novelista Junichiro Tanizaki, la obra de los pintores hiperrealistas Richard Estes y Jean-François Millet, la melancolía de Edward Hopper, el impresionista Claude Monet, la escuela flamenca o los tenebristas barrocos, más allá de las influencias cinematográficas e incluso del lenguaje del cómic.
Bienvenidas, amigas y amigos, a este espacio del Kiosco Afonso que en el año 2017 dio acogida a aquella exposición que llevaba por título A Ilustración compartida: exposición antolóxica de ilustración de Xosé Cobas.
Y en esa exposición ya pudimos disfrutar de alguno de estos óleos. TEMPO e LUZ, lo titulaba entonces Cobas, porque de esto habla este trabajo: de TIEMPO, de esa casa construida con recuerdos y sueños, donde cada rincón guarda secretos; y de LUZ, de una luz esquiva que se nos muestra como promesa.
SUEÑO DE UNA SOMBRA nos convoca hoy aquí, pero este álbum no habla de tinieblas porque no hay nada de tenebroso en los negros de Xosé Cobas. No es la negra sombra lo que aquí se nos muestra; es más bien la penumbra, el misterio, la calma serena de claroscuros a la que nos invita a entrar. Traspasar el umbral por curiosidad, para disfrutar del lirismo, de la transparencia de los grises, de los negros de Xosé Cobas. Sí, la transparencia de los negros, el contraste de luz y oscuridad que nos acompaña en el paseo por la casa, que es hogar, que es cuarto, que es techo sobre nuestras cabezas, que es el suelo sobre el que descansar los pies... Y claro, también ventanas que iluminan la vida con su luz.
En la obra de Xosé Cobas, desde siempre, hay gran presencia de la arquitectura. Por eso esta obra que se ha hecho muy despacio, una docena de años, es un homenaje a los espacios vividos, pero también a la luz filtrada y a las sombras que la acompañan.
SUEÑO DE UNA SOMBRA nos habla también de esa dualidad entre el interior y el exterior, y nos invita a abrir la puerta principal de la casa y traspasar a su interior. Vamos entonces a entrar, a abrir este libro y a disfrutar con ese contraste en equilibrio permanente entre las sombras y la luz, en la vida que intuimos en los espacios compartidos, pero también en las figuras: en este caso una urraca, una flor que alguien ha colocado ahí...
Es precisamente en esa búsqueda de la luz donde Cobas, como tantos artistas antes que él, encuentra el lenguaje que mejor expresa lo inexpresable. La madre del modernismo americano, la artista Georgia O'Keeffe, decía en una entrevista: "Descubrí que podía decir cosas con colores y formas que no podía decir de ninguna otra manera, cosas para las que no tenía palabras".
Hay mucho talento en este álbum. Hay en las imágenes luminosidad, pero hay sombras, hay serenidad y hay dinamismo... y allí al fondo la luz lejana que es faro, que es guía, que es promesa. Es una casa habitada por la luz y por las sombras, pero yo presentí que hay también lugar para el descanso y la tranquilidad. Pinceladas que narran, que crean texturas, atmósferas...
Este talento lleva más de cuarenta años de oficio puliéndose. Desde aquella primera muestra individual de pintura en 1977, pasando por sus años de ilustración en La Voz de Galicia, hasta llegar a ser uno de los ilustradores de referencia de la literatura infantil y juvenil en lengua gallega. Más de cien libros, colaboraciones con los mejores escritores del país, premios como el Fetén, el Isaac Díaz Pardo, el Neira Vilas, selecciones en la Bienal de Bratislava y en la lista White Ravens... Un largo camino ha recorrido Xosé Cobas hasta aquí, creando con los mejores escritores y escritoras una obra conjunta, nacida de un texto literario y una obra de ilustración que se habían de fundir para construir una pieza única en una simbiosis perfecta.
Desde siempre las obras de Cobas han estado llenas de energía, pero también de complicidad. Su mano experta supo crear, junto a Xabier P. DoCampo, algunas de las obras más hermosas de nuestra literatura ilustrada. Aquel libro maravilloso De cores e de amores, donde juntos exponían la teoría del color de un modo tan fantástico que ya he oído decir a muchos artistas que era el tratado más soberbio sobre color que habían visto nunca. Pero también colaboraron en la revista Golfiño, o en la película A casa da luz... Y Xabier supo ver lo que Cobas hacía: emplear sus metáforas como instrumentos que expanden el texto literario, como un músico que interpreta una partitura, que otro ha compuesto, con una sensibilidad propia e intransferible.
Y es en esta capacidad de crear obras únicas, de fundir palabra e imagen, donde Cobas se integra en esta mesa de creadores a la que hoy tengo el honor de acompañar, los que edifican cada día con su trabajo A CORUÑA LITERARIA, ese sueño de que algún día nos reconozcan que somos una CIUDAD DE LECTORAS Y DE LIBROS. Autores que con su creatividad construyen, con palabras y con imágenes, los pilares, las raíces que se alimentan de la propia tierra, pero también levantan las ramas al aire para conceder sombra y fruto a toda la humanidad como ese refugio de horizontes, hermosísimo epílogo de Manolo Rivas.
Ese recorrido, de voces bajas, que comenzamos hace ya cuatro años en la Agrupación Cultural Alexandre Bóveda, un trabajo para sumar gentes y voluntades para poner un foco sobre todo lo que A Coruña ha hecho alrededor del libro y de la lectura. Una historia para poner una luz sobre el hecho en el pasado, en el presente y en lo que está por venir, porque queremos ser una de las Ciudades de la literatura del mundo. Y en ese relato sobre lo que somos, la ilustración tiene un papel protagonista desde el inicio: hace más de 500 años se realizó en A Coruña uno de los manuscritos iluminados más exquisitos que existen, uno de los manuscritos religiosos más importantes de la Edad Media: la Biblia Kennicott. ¿Pero importante por qué, os preguntaréis? POR EL PAPEL PROTAGONISTA DE LA ILUSTRACIÓN.
Ilustrar, iluminar para hacer un trabajo único. Quiero reivindicar aquí al Xosé Cobas ILUMINADOR.
En ese magnífico libro biográfico Cadernos de momentos, Cobas hablaba de sus inicios, esos dibujos en la tierra o con tiza en la acera, y dice: "Dibujaba para la lluvia, era el agua de la lluvia la primera lectora".
Escribía Martin Pawley, en el Sermos Galiza del sábado pasado, sobre la belleza de una mancha de luz que se extiende en un rincón, un placer efímero que solo está al alcance de quien se detiene a mirar, de quien se detiene a leer... LEER que es mirar y VER.
Xosé Cobas es un gran lector, como A Coruña es una ciudad lectora. Aquí las bibliotecas tienen más socios que el Deportivo. Lo decía Manolo Rivas en ese prólogo para el librito As luces dos libros na cidade do Faro: "Después del DNI, el carné más extendido en A Coruña es el de persona usuaria de una de las bibliotecas existentes en la ciudad. Es un rasgo, pues, de identidad. El de pertenecer al universo de la lectura y del libro".
Luz y sombra, libros, lectoras, bibliotecas, tan queridas por Cobas y por Ánxeles, tan queridas por mí.
SUEÑO DE UNA SOMBRA nos cuenta un espacio físico, sí, pero aquí también se dibuja otro mundo: el de los sentimientos y el de los afectos. La casa que se nos muestra habla de arraigo, de seguridad, de esperanza, quizás también de pérdida de un pasado. De lo que no hay duda es de que evoca sentimientos y es, por lo tanto, lugar y refugio emocional.
El filósofo francés Gastón Bachelard nos habla de los lugares de la casa como un espacio de intimidad y memoria que tiene una unidad compuesta de recuerdos y sueños. No es solo una construcción arquitectónica; es un paisaje vivido y comprendido, un territorio para proteger, un refugio, un santuario secreto.
Quería acabar con unas palabras del catálogo de esa exposición antológica de hace 8 años, de Teresa Duran i Armengol, escritora e ilustradora catalana, que decía que llegaría el día en que Xosé Cobas, después de tanto poner en imágenes las narraciones de otros, le confiaría a un editor inteligente un relato visual propio, personal e intransferible, que no le debiese nada a la creación narrativa de un autor que no fuese él mismo; porque después de mucho leer viene el escribir o, en el caso que nos ocupa, el esbozar relatos maestros con una sustancia narrativa que fuese la de aquellas claridades, luces, sombras, perspectivas, figuras y espacios que le son tan íntimos y queridos. Tiempo al tiempo.
Aquí estamos celebrándolo. Felicidades a Xosé Cobas y a Kalandraka, GRACIAS. Festejemos esta joya, comprándolo en la librería, regalándolo, pidiéndolo en nuestra biblioteca... disfrutando del trabajo artístico de quien hace de la casa un estado del alma.
