Álvarez García, Lourdes

 (La Güeria d’Urbiés – Mieres, Asturias, 1961) 

É unha das voces fundamentais do Surdimientu, que protagoniza dende a década de 1990 a recuperación e renovación das letras en asturiano. Licenciada en Filoloxía Hispánica pola Universidade de Oviedo, é membro da Academia de la Llingua Asturiana. A súa traxectoria comezou na mocidade en revistas como Cuélebre, Malku, Lúnula, Adréi ou Lletres asturianes. É autora de varios poemarios: «Aldabes del olvidu» (1991), o seu primeiro libro, ao que seguiron «Cálices de la nueche» (1992), «Mares d’añil» (gañador ex aequo do Premio de Poesía Teodoro Cuesta 1992), «Como aquella que yeres» (Premio Teodoro García Cuesta 1994), «Poesía escoyida 1985-1997» (1997), «Son del tardíu» (2006), o recompilatorio «Mediando distancies» (2006) e «P’anular los adioses» (2018). En 2023 reúne todos os libros publicados ata o momento en «Coles señes del agua» e «Lo verdadero» (2025). Recibiu en dúas ocasións -2006 e 2019- o Premio da Crítica de Asturias. Colaborou coa revista Llengües Vives, editada en Barcelona, dende 1996 ata 2009. En 2023 foi recoñecida co Premiu Nacional de Lliteratura Asturiana que, por primeira vez, se lle entregou a unha muller nunha cerimonia celebrada o Día de les Lletres Asturianes, en maio do mesmo ano. «Cos sinais da auga», unha antoloxía da súa poesía, é a primeira tradución da súa obra noutra lingua peninsular. 

Lourdes Álvarez García